Soichi Noguchi non é un actor, nin unha celebridade, ni un blogueiro famoso,… pero a súa conta en twitter, Astro_Soichi, ten máis de 137.000 seguidores. A peculiaridade é que Soichi é astronauta e traballa no espazo, o seu centro de traballo, a Estación Espacial Internacional [ISS], está a uns 360 km de altura realizando órbitas completas ao noso planeta cada 92 minutos.
E aproveitando que na ISS teñen conexión a internet, Soichi vai tirando e subindo fotos do noso planeta desde o lugar máis privilexiado que houber, estampas de cidades, desertos, ríos, illas, montañas, fervenzas, etc. a compartir con todos nós desde a súa conta en twitpic, de visita recomendada.
Hai unhas horas pasaba por riba das nosas cabezas e xogaba cos seus seguidores por ver que daba co nome da cidade fotografiada.
A Ría de Vigo, a maior tamaño, no twitpic de Astro_Soichi.