Daba eu coa Tipografía Regional hai algo máis de cinco anos; daquela eran poucas fotos, agora na conta de Flickr de Jorge Lens hai moitas máis que se completan con este video nun percorrido polos rótulos comerciais de tipo tradicional de Galicia e mais do norte de Portugal.
Tag Archives: tipografía
Alfabetos en Google Maps
Hai uns meses apuntaba nas miñas cousas a ligazón a un australiano que localizara todas as letras do alfabeto nas imaxes de google earth para Australia.
Chego agora, a través dun tweet de @alpoma apuntando a Brand Avenue, á historia dunha moza que apenas precisou de cinco horas durante tres días para facer o mesmo traballo tirando das imaxes de google maps para o Reino Unido.
Aquí, as imaxes aéreas do alfabeto británico e, a seguir, as da versión australiana. E se alguén ten tempo no que non sabe que facer, que avise cando teña outro alfabeto aéreo.