Ata o de agora eran poucas as cidades españolas que cubría Google Street View, e da noite para a mañá e sen que houbese anuncio oficial ningún, aí estaba parte da nosa xeografía, aínda falta moita, desde outra perspectiva.
A sorpresa chegou cun tweet da xente de ipoki no que apuntaban A Coruña en Street View, á mañá seguinte a nova espallába polas redes e, logo, polos medios.
Así, se en Google Maps arrastamos o icono de Google Street View, o boneco amarelo, sobre o mapa, descubriremos que gran parte do mapa está coloreado de azul, indicándonos as zonas onde existe o servizo.
E por probar como vai outra das opcións habilitadas, a de integrarse na web, vai unha proba co Obradoiro,
Visualizar o mapa ampliado
Xa tardan en aparecer os que se identifiquen no coche, saindo de casa ou mexando na rúa.