Frecuencias e estacións emisoras, os mapas

Tiña razón Modesto, tuiteando que me podía interesar fmscan.org e facíao cunha ligazón ao mapa das frecuencias nas que emite a Radio Galega e o seu alcance aproximado.

fm_map1

Cunha impresionante base de datos baseada nas frecuencias emisoras de radio tanto en OM como FM de todo o mundo e as diferentes estacións emisoras, os mapas que se poden xerar con fmscan, ademáis de ofrecer unha chea de datos técnicos, dan para saber cal é a mellor frecuencia nun lugar determinado de Galiza, ou cales son as radios portuguesas que chegan acó, ou tamén para preguntarse o porqué desa extraordinaria densidade de estacións emisoras de Radio Nacional de España en terras vascas.

Se che gusta a radio, un bo sitio para atopar respostas, e se che gustan os mapas, un bo lugar para que xordan preguntas.