Troles en Pontevedra

Fotografías da man de Tony Wamsley no seu set en Flickr, Pontevedra Trolleybuses.

trole_pontevedra

Son fotografías do mes de maio de 1988 das liñas de transporte dos troles Pontevedra-Marín e Pontevedra-Alba, que só uns meses máis tarde, en agosto de 1989, desaparecerían das rúas de Pontevedra, no que sería o último sistema de trolebuses en funcionamento en España e o último do mundo en utilizar para a explotación són troles de construcción británica.

trole_lourizan

trole_interior

trole_cocheiras

Metrominuto Pontevedra

Se o ano pasado chegaban a este blog as redes dun metro imaxinario en Pontevedra e mais en Santiago de Compostela, hai cousa dun mes o Concello de Pontevedra, a falta de metro, viña de facer pública unha nova iniciativa dentro do plan municipal de impulso á mobilidade alternativa.

Trátase do Metrominuto Pontevedra, un plano lineal que recolle 21 dos puntos máis representativos da cidade, a distancia que hai entre eles e o tempo aproximado que leva percorrelos.

Así, ademais de comprobar que entre o Hospital e a glorieta da Eiriña hai unha bandeira republicana, vale para confirmar aquilo de que en Pontevedra non hai distancias.

Mapa do metro de Pontevedra

Se hai uns meses apuntaba por acó a imaxinaria rede de metro de Santiago de Compostela, non podía menos que deixar aquí constancia doutro mapa máis que se une a este imaxinario de redes de metro, a rede do metro de Pontevedra[pdf],

subtePO

Realizado por anllo, que apunta que non é enxeñeiro pero que con imaxinación, paciencia e Illustrator logo se monta un metro para cumplir cos traballos académicos.

E por se non chegar, en Webdesigner Depot pódese atopar unha boa recopilación de mapas de metro de todo o mundo realizada por Jon Szczur.