5 semanas, 5 días …e 5 anos

Mentres opedriño inflaba as fazulas para apagar o lume do número 5 que coroaba a súa tarta e lle cantabamos desexándolle un feliz aniversario, un nó na gorxa apretaba tanto que os sorrisos se confundían coas bágoas e facía difícil seguir a cantar.

cumple_pedro

A emoción tinguía os ollos, era un momento feliz, opedro facía cinco anos canda nós pero a súa avoa tamén se aboaba ao cinco, eran 5 semanas e 5 días os que levaba no hospital, onde segue atada ao seu fio de vida, aínda en coma.

Parece increible o que nos cambia a vida; non hai tanto que a miña nai lle preguntaba a opedro cando ía ser o seu aniversario e se a ía convidar á festa e agora é el o que pregunta cando vai ir ao parque coa avoa. Todos sabemos que para iso faría falta unha miragre.

Desde aquí, no hospital, onde está máis demostrado ca en ningures o fráxil que é a vida, só desexo que podamos seguir xuntándonos para seguir contando aniversarios ao redor do máis grande que pasou nas nosas vidas, porque pase o que pase, a avoa seguirá con nós mentres teñamos vida.

Internet

Onte escoitamos como saía por primeira vez a palabra internet da boca de opedro, referíndose ao Pocoyo para NDS nun catálogo de xoguetes,

Ese lo tienes en internet?

opedro_200812