Cannabis, o prospecto

Sabendo da demanda da sociedade e da falta de información oficial, o Col·legi de Farmacèutics de Barcelona vén de publicar un prospecto para o uso do cannabis, a semellanza dos que veñen incluidos nos medicinas legais, para as persoas que desexen utilizar o cannabis de xeito terapéutico e que tamén se ofrece en catalán, língua na que primeiro se editou como Prospecte del cànnabis per a ús terapèutic, e mais en inglés.

medical_marijuana

Polo que lin, o texto é bastante obxetivo e contén, coma todos os prospectos, as súas indicacións, contraindicacións e as interaccións con outros medicamentos. Malia botar en falta algunha indicación, non se fai apoloxía do cannabis e ofrecen unha información para un uso responsable agardando que as autoridades sanitarias dean un paso cara á normalización e asuman, logo dos rotundos facasos de todas as políticas antidroga, que para eliminar riscos e controlar a calidade do que consumen os cidadáns habería que ubicala nos circuitos sanitarios e baixo control médico e farmacéutico.

E é que é un paso máis cara ao que apuntaba aquí ao fío dunhas palabras de Escohotado hai uns anos,

…toda prevención que queiramos ensinar aos nosos fillos será ineficaz se non é unha prevención calculada para o uso en lugar de para a abstemia…

pois a realidade é que milleiros de persoas están a utilizar a marihuana para paliaren os síntomas das súas doenzas, sen ningunha información máis que a que consiguen cos seus propios medios, e cos riscos derivados de poderen ser multados ou detidos.

Parabéns ao Colexio de Farmacéuticos de Barcelona por facernos avanzar cara a unha sociedade normal.

Outra vaca entre a herba

Hai cousa de 20 anos, o que foi Ministro do Interior español e actual voceiro do PSOE no Congreso dos Deputados, José Antonio Alonso Suárez, e o actual Fiscal General do Estado, Cándido Conde-Pumpido Tourón, xunto con moitos outros asinaban o “Manifiesto de Málaga por una nueva política de drogas”[pdf]. Nunha entrevista posterior, o voceiro do PSOE dicía,

Siempre que la administración pública se ha mostrado tolerante con la venta de droga, se ha beneficiado el toxicómano y la sociedad

Este luns pasado cumpríronse 10 anos dunha intervención da que foi deputada no Congreso por Pontevedra, María Jesús Arrate Varela Vázquez, na que defendía no pleno do Congreso [pdf] unha proposición de lei de modificación da Lei orgánica 1/1992 sobre protección da seguridade cidadá, en relación coa tenencia de drogas para o propio consumo, coa intención motivar aos consumidores a deixar o consumo sen criminalizalos de xeito algún, finalizando a súa intervención cun,

el consumo ilegal de drogas es un problema que no se soluciona con medidas represivas sino preventivas y asistenciales

Anos máis tarde, en 2004, o programa electoral do PSOE en materia de drogas anunciaba que “contaría con todos los sectores afectados”, e entre eles, os consumidores, cos que se contou, pero para detelos, xulgalos e multalos.

E este luns pasado, a nova Ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde declarou que contará con todas a voces e opinións para ordear “ese espacio que es internet

cow_and_grass

Visto o visto, preparádevos, internautas!