Europa, máis mapas

Dous mapas curiosos, pero sen relación ningunha entre eles; o primeiro, da distribución do catolicismo en Europa,

catolicismo_europa

e o outro, un máis da serie “como se di…?” e neste caso, cervexa por esta banda do mundo.

cervexa_europa

Se hai a quen lle presten, facendo clic nos mapas hai máis info, os fíos de reddit onde as atopei.

加利西亚, un mapa chinés de Galiza

Na miña visita cotiá a reddit, hoxe arregalei os ollos á vista deste mapa, que polo que puiden saber vai en chinés mandarín.

galiza_chines

Coa curiosidade habitual déuseme por ir buscar se había máis, pero a falta de coñecemento da língua impediume chegar moito máis lonxe. Ao máis que cheguei foi, grazas ao redditor weigeren, a localizar unha web onde había algún mapiña máis da península ibérica.

corunha_chines

spa_lang_chines

Os mapas pódense ver no seu tamaño orixinal facendo clic neles. Agardo que vos presten tanto como me prestaron a min e aproveito para agradecer a quen sexa que fose que se lle dese por escanear todo isto.

Atlas dos prexuizos

Desde que Yanko Tsvetkov comezase con aqueles mapas seus que tornaron virais e nos que cartografiaba os estereotipos xa pasaron cinco anos. Máis coñecido como Alphadesigner, Yanko Tsvetkov é un artista gráfico búlgaro e residente en España leva publicados na rede centos destas cartografías dos prexuizos que agora vén de publicar un segundo libro, o Atlas of Prejudice 2.

Ao fío desa publicación abrira un tumblr no que, para ir facendo gana, deixou esta cousa bonita, Vinte xeitos diferentes de dividir un continente.

 

20_atlas of prejudice2

Pouco que dicir agás que eu véxonos máis na Potato Europe que na Tomato Europe.

 

A chuva en Europa

Coa que vai aí fóra lembrei que aí atrás o @Cascarelo puxera un mapa de precipitacións anuais en Europa. Non hai dúbida, aquí chove.

europe·annual·precip

Outras fontes tamén apuntan a esa posibilidade; aí van media ducia de mapas de precipitacións de Europa e mais de España, cada un do seu pai e da súa nai.

europe_annual_precip

europe-annual-precip

Europe.Annual.Precip

Europe_Annual_Precipitation

lluvia_anual_espanha

chuva_anual_españa

 

Confírmase o que xa sabía, fóra segue chovendo.

 

As migracións das palabras: mapas etimolóxicos europeos

Hai un par de meses a un usuario de reddit, Bezbojnicul, déuselle por facer uns mapas etimolóxicos. Historias comúns de línguas en contacto sobre unhas terras nas que comerciar, loitar e emigrar, as diferentes orixes de palabras comúns sobre un mapa de Europa.

Curiosidades como a de que o portugués sexa a única língua de Europa Occidental na que chá é a palabra para o té por chegarlle desde Cantón, onde traían chá a Europa, mentres que os holandeses traían té desde Fujian.

tea

Ou de a palabra para rosa en grego antiguo só se conserve en friuliano.

rosa

E tantos outros mapas interesantes que ata deron para inspirar e ter un subreddit propio, Etimology Maps.

cucumber

beer

 

scq_russian_maps

 

russian_army_maps

 

Maps for the World é unha colección de mapas históricos, a maioría pertencen ao servizo cartográfico do Exército Ruso e pódese navegar por entre eles e baixalos desde o interface de Google Maps que implementaron.

Mapas vellos

Que hai unha chea de mapas online por aí ciscados é ben sabido, tanto coma para saber do traballiño que dá poñerse a buscar por algún.

Old Maps Online é un traballo froito da colaboración entre The Great Britain Historical GIS Project e mais Klokan Technologies, os creadores de MapRank, e vén sendo un buscador de mapas antigos  que tira da API de google maps para xeolocalizalos e datalos así como para facer  procuras e restrinxilas por lugar e datas sobre os mapas de google.

O interesante é que facilita as procuras por entre diversas fontes, entre as que se inclúe a colección dun señor do que xa teño falado por aquí, David Rumsey, que tamén viña usando o mesmo interface de MapRank no seu sitio web, ao que pretende engadir os 27.000 mapas que ten online.

Que vos preste.