Escollo dúas imaxes que chegan desde as diferentes beiras da fronteira de Gaza con Israel, a primeira amosa os efectos dun ataque feito polos terroristas cobardes palestinos que se agochan entre unha poboación civil que non os quere e que, financiados por Irán e mais Siria, consagran a súa vida a Alá para secuestrar e asasinar a persoas indefensas.
A segunda amosa os efectos das represalias israelís no exercicio da lexítima defensa como resposta a un sempre primeiro ataque palestino, danos colaterais entre poboación civil que ignora os avisos previos estas accións.
Á vista dos efectos de levar a lexítima defensa ata este punto e da reacción da comunidade internacional non podo deixar de pensar que Israel actúa sabendo do apoio e financiación dos Estados Unidos …ah, que isto non se podía dicir.
Xa o dicía a miña aboa, do que che conten, nada, e do que vexas, a metade.