加利西亚, un mapa chinés de Galiza

Na miña visita cotiá a reddit, hoxe arregalei os ollos á vista deste mapa, que polo que puiden saber vai en chinés mandarín.

galiza_chines

Coa curiosidade habitual déuseme por ir buscar se había máis, pero a falta de coñecemento da língua impediume chegar moito máis lonxe. Ao máis que cheguei foi, grazas ao redditor weigeren, a localizar unha web onde había algún mapiña máis da península ibérica.

corunha_chines

spa_lang_chines

Os mapas pódense ver no seu tamaño orixinal facendo clic neles. Agardo que vos presten tanto como me prestaron a min e aproveito para agradecer a quen sexa que fose que se lle dese por escanear todo isto.

Pulpo prá xente

O título é o tagline do tumblr que baixo o nome de Pulpeiro vén publicando desde hai uns meses con imaxes máis ou menos antigas, todas elas curiosas. A seguir van unha poucas que lle roubei.

A enseada de Lourizán co recheo feito para Celulosas, ano 1964

lourizan64

Praza de María Pita nos anos 70

Praza de María Pita nos anos 70

Praia de Santa Cristina nos anos 70

stacristina70

Avenida de Alfonso Molina a finais dos anos 50

alfonsomolina57

Trolebús en Pontevedra nos anos 80

trolepontevedra

Rúa Nova de Abaixo nos anos 90

ruanova90

E havos de pasar coma me pasou a min, así que se tedes tempo non deixedes de velo ata o final.

 

Cartografía dos Apelidos de Galicia

Co titular de que de continuar a primacía paterna na orde dos apelidos, en só dous séculos a maioría dos galegos pasará a ser Rodríguez, chegábame a noticia, primeiro polo IDEE de que hai unhas semanas fora renovado o sitio da Cartografía dos apelidos de Galicia, unha ferramenta do Instituto da Lingua Galega para podermos coñecer a difusión territorial dos apelidos de Galicia.

Volvo comprobar o mesmo que hai case cinco anos e andamos igual, a versión española, que amosa a distribución por provincias, tamén cambiou a URL e sigo sen saber da existencia de algo similar en Portugal.

Boa iniciativa a de relanzar esta web a conto da Lei de Rexistro Civil, e unha mágoa que non tire os datos dun Padrón máis actualizado …eu teño dous novos por engadirlle ao mapa

Praias de Galicia para Google Earth

Impresionante traballo é o que vén de realizar o Grupo de Investigación en Recursos Mariños e Pesquerías da Universidade da Coruña ao crear unha capa para Google Earth con información das praias galegas.

praias_morrazo

Con esta capa, visible abrindo un kmz para Google Earth chamado Praias de Galicia, facilítase a visualización da información que xa, desde hai anos, existía na Guía de Praias de España do Ministerio de Medio Ambiente, pero que o equipo deste proxecto integra no interface de Google Earth ubicando todas as praias sobre a cartografía de google, algo no que falla a páxina do Ministerio, que na súa última revisión perdera os mapas esquemáticos de accesos ás praias que aparecían na versión anterior da guía.

detalle_praias_galicia

Debido ás dificultades para localizar e obter calquera tipo de cartografía dixital temática, incluindo os datos máis básicos da nosa costa, cómpre destacar o traballo deste Grupo á hora de xerar a información cartográfica dixitalizada que ofrece, baixo licencia Creative Commons, desde a súa páxina de descargas e que inclúe capas con información desde das praias ata dos caladeiros de pesca ou bancos marisqueiros das nosas costas.