Pulpo prá xente

O título é o tagline do tumblr que baixo o nome de Pulpeiro vén publicando desde hai uns meses con imaxes máis ou menos antigas, todas elas curiosas. A seguir van unha poucas que lle roubei.

A enseada de Lourizán co recheo feito para Celulosas, ano 1964

lourizan64

Praza de María Pita nos anos 70

Praza de María Pita nos anos 70

Praia de Santa Cristina nos anos 70

stacristina70

Avenida de Alfonso Molina a finais dos anos 50

alfonsomolina57

Trolebús en Pontevedra nos anos 80

trolepontevedra

Rúa Nova de Abaixo nos anos 90

ruanova90

E havos de pasar coma me pasou a min, así que se tedes tempo non deixedes de velo ata o final.

 

Se a túa casa se queimase, que salvarías?

The Burning House é un interesante proxecto onde os participantes colaboran enviando unha imaxe das cousas que salvarían do lume en caso de que se lle queimase a casa.

Á pregunta de ti que salvarías, unha resposta que abrangue o conflicto entre os obxetos que poden resultar prácticos e os que teñen valor sentimental ou económico. Paga a pena perderse por entre as respostas.