Sete

Moito leva cambiado o conto e, quizais por iso, decidín que malia que só fose por celebrar os sete anos que leva este blog na rede prestaría recuperar un dos vellos costumes por entre estas letras.

Si, destes dous non sabiamos cando empecei a vir por acó, el é un vello coñecido que xa desde antes de nacer foi protagonista, e ela é a súa irmá, a cativiña que nos últimos oito meses se fixo protagonista das nosas vidas.

E falando de anos, en dous meses, son catro anos atendendo no twitter e nun mes máis, outros catro anos atendendo ás cousas do tumblr. Porque a quen non lle gustaría ir ler o twitter do seu pai?

Nenos, Bicos! E a vós, obrigadísimo.

Seis

Hai seis anos a nosa wifi estaba aberta e chamábase Debalde e era a única ao alcance, hoxe a nosa wifi está protexida con WPA2 , cambiou o nome, o router ten tres portos RJ45 ocupados por aparellos que non son PCs e de seguir aparecendo wifis imos ter que tratar na próxima reunión de viciños a regulación do espacio radioeléctrico.

Hai seis anos e uns días nacía este blog, noutros seis anos estamos en 2016. Vértixe!

Obrigadísimo!

Cinco

Case sen decatarnos, o sábado fixo cinco anos que leva aberta esta casa, daquela só tiñamos un nome e era de nena, hoxe é un neno de catro anos ao redor do que naceu isto.

Non contaba eu con chegar tan acó e non é sen tempo que vou aproveitar para agradecervos a visita aos que coma ti parades a ler por aquí, ou ti, que atopas tempo para deixar un comentario, ou que comentas de cando en vez, aos que un día estivestes a piques de facer click en enviar, aos que enviades un trackback, a todos, grazas!

bico_porco

…e bicos, con cariño. A imaxe é producto dun tempo perdido en popurls