Logo de dezasete anos aínda conservo aquel Sonyericsson Z600 e mais a Palm Tungsten T que me permitiron contar case que en directo, entre as bágoas das alegrías, aquel momento único e indescriptible.
Opedrinho xa non é aquel carrouchiño pequeno, agora é un tipo máis alto ca min que está a rematar o seu primeiro curso de Bacharelato. Foron 6209 días os que pasaron e con eles marcharon moitas cousas e viñeron outras tantas.
As que seguen aí, malia estaren por outros motivos, son as bágoas. Vou vello
Non hai moito sentín o mesmo que ti hai eses 17 anos. ¡Ledicia mais grande non hai! Eu tamén cada vez choro máis, porque penso que non queda outra que ir con todo nos momentos bos e aguantar co que se poida nos malos. Desde a distancia temporal dos tempos nos que cadrabamos no mundo real, unha aperta!
Vamos todos vellos pero segue sendo unha alegría lerte. Apertas!