Unha viaxe a España de Stefano Maggiolo foi o que o animou a facer un mapa recollendo a diferencia entre a hora solar e mais a oficial e resultou que había moitos máis lugares nos que o abrente e mais o solpor chegan tarde, como pasa aquí, que lugares onde a hora solar vaia por diante da hora oficial. Así, editou o mapa da Wikipedia para facelo de máis clara lectura; canto máis encarnado, máis adianto da hora oficial respecto da solar e canto máis verde, máis atraso da hora oficial respecto da solar.
Destaca no seu post como o caso máis parecido ao de España o de China onde, na súa parte máis occidental e ao teren un só fuso horario para todo o país, a diferencia entre a hora solar e a oficial chega ás tres horas. Todo isto, xunto con máis información e o mapa completo a 4000 x 2048, pódese atopar no seu How much is time wrong around the world?
Hai moito que matizar no tema dos horarios.
Eu esto é o primeiro que vexo realmente serio sobre o asunto:
http://francis.naukas.com/2014/06/20/el-sol-controla-los-horarios-en-espana/
Hay outro post, non recordo o blog de ciencia que fai a comparatica España UK e saimos bastante ben parados.
Igual por unha vez, os que van mal son os demáis. heheheh
se che digo que eu vivo encantado neste fuso horario, xa cho digo todo :)