O mapa de vento da Terra, unha visualización interactiva do noso planeta coas condicións climatolóxicas en tempo case real, actualizada cada tres horas con datos de vento e temperatura e mais unha predicción das correntes mariñas que se actualiza cada cinco días.
Cameron Beccario fixo un traballo ben bonito tirando dos datos do Global Forecast System e unha chea de ferramentas e servizos máis; aquí ten máis información sobre o seu proxecto. Via o meu tumblr.