Agora que xa van máis de oito anos con este blog por aquí é fácil botar a vista atrás e comentar que hai cinco anos falaba do ZIPScribble Map, un mapa que conectaba con liñas de cores os códigos postais existentes nun determinado territorio seguindo unha orde ascendente.
Desta, a novidade é que Robert Kosara, o autor, vén de actualizar e engadir unha versión interactiva do ZIPScribble Map na que podemos facer zoom, eliminar o mapa base e ver os detalles, ademais de engadir uns poucos mapas máis que fan un total de 38 países cubertos. O resultado segue a ser unha serie de mapas da que tirar reflexións en relación á densidade de núcleos de poboación, no que segue a destacar a enorme densidade de trazos na nosa terra así coma nos distritos portugueses de Viana, Braga e mais do Porto.
Moitos habitantes non haberá, pero núcleos de poboación… Vaiche boa!
Por certo: parabéns por eses oito anos. Eu voume achegando. ;)