Co titular de que de continuar a primacía paterna na orde dos apelidos, en só dous séculos a maioría dos galegos pasará a ser Rodríguez, chegábame a noticia, primeiro polo IDEE de que hai unhas semanas fora renovado o sitio da Cartografía dos apelidos de Galicia, unha ferramenta do Instituto da Lingua Galega para podermos coñecer a difusión territorial dos apelidos de Galicia.
Volvo comprobar o mesmo que hai case cinco anos e andamos igual, a versión española, que amosa a distribución por provincias, tamén cambiou a URL e sigo sen saber da existencia de algo similar en Portugal.
Boa iniciativa a de relanzar esta web a conto da Lei de Rexistro Civil, e unha mágoa que non tire os datos dun Padrón máis actualizado …eu teño dous novos por engadirlle ao mapa
do meu apelido eu tamén teño dous que engadir. e un son eu! o resultado en galiza é interesante: número de ocorrencias = 0.