E foi que tiña que chegar, doce meses máis tarde aínda nos preguntamos por este ano que parece que se nos escurriu por entre os dedos, un tempo que transcorre só a través dos avances e cambios dun bebé.
Hoxe, antes de sairmos de casa, descubrimos á Clara subida e sentada no seu carriño de paseo, a primeira vez que o fai ela soa como dicindo que tiña gana de sair… botamos unha ollada atrás e o sentimento é de que todo ocorreu rápido de máis, unha manchea de sensacións que se misturan nun percorrido vital que vai medrando a base de apertas, sorrisos e aloumiños.
Clara xa ten desde o martes pasado un ano, e opedro vai camiño de facer sete anos que nos fan a nós máis vellos pero quizais máis sabios.
Parabéns, nenos!
Que linda :) Parabéns
que curriña é a cativa, e que par de ollos mais fermosos!
bicos para todos
Parabéns :)
Bo trabalho ;-)
Xa me tarda en nacer a miña nena !.
Parabéns serodios !.
Parabéns!!
Pensei que non se podían deixar comentarios, parva de min, e acabo de ver que si.
Por certo, é tauro, coma min.