Moito leva cambiado o conto e, quizais por iso, decidín que malia que só fose por celebrar os sete anos que leva este blog na rede prestaría recuperar un dos vellos costumes por entre estas letras.
Si, destes dous non sabiamos cando empecei a vir por acó, el é un vello coñecido que xa desde antes de nacer foi protagonista, e ela é a súa irmá, a cativiña que nos últimos oito meses se fixo protagonista das nosas vidas.
E falando de anos, en dous meses, son catro anos atendendo no twitter e nun mes máis, outros catro anos atendendo ás cousas do tumblr. Porque a quen non lle gustaría ir ler o twitter do seu pai?
Nenos, Bicos! E a vós, obrigadísimo.
E que siga a tradición! Parabéns polos sete anos e por eses dous soles. :)
Pero que guapísima está aClara… vaia ollos!!! Parabéns polos sete anos e polos dous soles, como di Orsinia. Bicos
cousas guapiñas! :D
parabéns por eses 7 anos. que veñan outros tantos! ;)
…agardo o “duets” dos carangexos… :D
Bicos a tutiplén!!!
Parabéns, beizóns e estas cousas
… mais, ai como se che bota en falta nos eupapos :)
Obrigadísimo a ti :)
Parabéns para toda a familia e a seguir ata a vindeira xeración que queda menos !.