Posteando desde o espazo

Soichi Noguchi non é un actor, nin unha celebridade, ni un blogueiro famoso,… pero a súa conta en twitter, Astro_Soichi, ten máis de 137.000 seguidores. A peculiaridade é que  Soichi é astronauta e traballa no espazo, o seu centro de traballo, a Estación Espacial Internacional [ISS], está a uns 360 km de altura  realizando órbitas completas ao noso planeta cada 92 minutos.

E aproveitando que na ISS teñen conexión a internet, Soichi vai tirando e subindo fotos do noso planeta desde o lugar máis privilexiado que houber, estampas de cidades, desertos, ríos, illas, montañas, fervenzas, etc. a compartir con todos nós desde a súa conta en twitpic, de visita recomendada.

Hai unhas horas pasaba por riba das nosas cabezas e xogaba cos seus seguidores por ver que daba co nome da cidade fotografiada.

riavigo_soichi

A Ría de Vigo, a maior tamaño, no twitpic de Astro_Soichi.

4 thoughts on “Posteando desde o espazo

  1. Non son tan erradas as comparacións no twitpic con Estambul, non si? Sen as Sies nin a Bahía de San Simón convértese no Bosforo! E a ordenación do territorio de Turquía, Sicilia e Gz ben sendo a mesma cousa, o laissez-faire ;)
    Grazas por reclamar a nosa atención cara a esta curiosidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *