Hai seis anos a nosa wifi estaba aberta e chamábase Debalde e era a única ao alcance, hoxe a nosa wifi está protexida con WPA2 , cambiou o nome, o router ten tres portos RJ45 ocupados por aparellos que non son PCs e de seguir aparecendo wifis imos ter que tratar na próxima reunión de viciños a regulación do espacio radioeléctrico.
Hai seis anos e uns días nacía este blog, noutros seis anos estamos en 2016. Vértixe!
Obrigadísimo!
Parabéns. a 6 anos no mundo virtual éste non chega calquera.
A por eses seis anos de vértixe! ;-)
Todo un récord !.
E que siga !.
Pois a seguir, a seguir. Noraboa! e grazas por estar aí.
Pois, como se adoita dicir, que se leven con saúde os próximos 6 anos :D