Hai uns meses apuntaba nas miñas cousas a ligazón a un australiano que localizara todas as letras do alfabeto nas imaxes de google earth para Australia.
Chego agora, a través dun tweet de @alpoma apuntando a Brand Avenue, á historia dunha moza que apenas precisou de cinco horas durante tres días para facer o mesmo traballo tirando das imaxes de google maps para o Reino Unido.
Aquí, as imaxes aéreas do alfabeto británico e, a seguir, as da versión australiana. E se alguén ten tempo no que non sabe que facer, que avise cando teña outro alfabeto aéreo.
O problema, precisamente, está no tempo. Xa sabamos que os anglosaxóns son xente de moito tempo libre, por iso inventaron dende o fútbol ó snooker, pero non me vexo eu tan viciado…