A nosa língua en twitter

Hai uns días o Web Ecology Project publicaba na rede os resultados da pesquisa que fixeran para saber cales son as línguas máis faladas no twitter.

Logo de analisar un millón de tweets usando o sistema de detección de idiomas do Google a través dun módulo python, resultou que a língua máis utilizada é o inglés, que chega case ao 63%, seguida do portugués, cun 9,5% dos tweets.

De entre o resto de resultados o relevante para nós vén ao chegar ao final da gráfica, na que aparece a nosa língua, Galician, no posto 22 de entre as máis utilizadas en twitter e a única das que aparece que non é lingua oficial de estado ningún.

chart_twitterlang

Non está nada mal para unha língua que, segundo se publica na wikipedia, estaría no posto 138 de entre as línguas segundo o número de falantes nativos.

5 thoughts on “A nosa língua en twitter

  1. Segundo o google, ou o wordpress non sei moi ben, o meu blog está escrito en portugués. Quiere traducirlo?

  2. Hai, efectivamente, dous «factores de corrección» que aplicarlle a esa estadística:
    1º Que, como efectivamente indica cossimo, hai moitos usuarios galegofalantes da rede que recurren ó portugés nos seus soportes. Debo admitir que ignoro se en twitter acontece o mesmo.
    2º Sospeito que a maioría dos países cuia língua aparece por enriba da nosa teñen unha fenda dixital ben máis estreita que a galega.

    Efectivamente, son dúas observacións que relativizan o resultado… ¡para mellor! Procuremos que non se enteren os que todos sabemos, non vaia ser que collan novos argumentos.

  3. Nin subo nin baixo quedoume no descanso pensando si isto e Twitter en galego cando teño que por Name ,Email,Your email is never shared.Required fields are marked *estou a pelexar con todos por non empregar o noso idioma en todo,poño un exemplo mundo-r cando pos ou escolles o idioma todas as Aplicacións saen en Inglés,si pos España as Aplicacións veñen alugas en Español e outras en Inglés. Non me vale o sistema corrector so , báleme para corrixir certas verbas o escribilas por exemplo eu non sei que teño que por en Website.En fin loitemos pola nosa cultura polo sentir “Galego” aínda que estou parado sei si subo ou baixo, outros atopasen perdidos,para min a retranca ou subir ou baixar e unha virtude que nada mais temos os Galegos o que eles queren e saber o pensas ti e si lle falas en serio.A parte diste comentario gústame Deixa unha resposta , a miña tédeas a medias xa sabedes en parte como penso.Saúdos agarimosos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *