Cannabis, o prospecto

Sabendo da demanda da sociedade e da falta de información oficial, o Col·legi de Farmacèutics de Barcelona vén de publicar un prospecto para o uso do cannabis, a semellanza dos que veñen incluidos nos medicinas legais, para as persoas que desexen utilizar o cannabis de xeito terapéutico e que tamén se ofrece en catalán, língua na que primeiro se editou como Prospecte del cànnabis per a ús terapèutic, e mais en inglés.

medical_marijuana

Polo que lin, o texto é bastante obxetivo e contén, coma todos os prospectos, as súas indicacións, contraindicacións e as interaccións con outros medicamentos. Malia botar en falta algunha indicación, non se fai apoloxía do cannabis e ofrecen unha información para un uso responsable agardando que as autoridades sanitarias dean un paso cara á normalización e asuman, logo dos rotundos facasos de todas as políticas antidroga, que para eliminar riscos e controlar a calidade do que consumen os cidadáns habería que ubicala nos circuitos sanitarios e baixo control médico e farmacéutico.

E é que é un paso máis cara ao que apuntaba aquí ao fío dunhas palabras de Escohotado hai uns anos,

…toda prevención que queiramos ensinar aos nosos fillos será ineficaz se non é unha prevención calculada para o uso en lugar de para a abstemia…

pois a realidade é que milleiros de persoas están a utilizar a marihuana para paliaren os síntomas das súas doenzas, sen ningunha información máis que a que consiguen cos seus propios medios, e cos riscos derivados de poderen ser multados ou detidos.

Parabéns ao Colexio de Farmacéuticos de Barcelona por facernos avanzar cara a unha sociedade normal.

One thought on “Cannabis, o prospecto

  1. Había moito tempo que non viña por aquí; en realidade había bastante tempo que non blogueaba coma hoxe. Acabo de ler o da túa nai; con atraso, pero unha aperta ben forte. Tamén parabéns ao Pedriño. Cinco anos xa! Aínda recordo cando me comeu a man. Meu Deus!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *