Foi hai un mes, ela estaba noutro hospital e ingresara por mor da extracción dunha pedra do colédoco. O meu pai estaba a amosarme a pedra que lle deran nun bote e ela, que estaba a durmir por mor das dores que tivera logo da ciruxía, acordou, incorporouse un pouco e díxome,
E ti que fas aquí? Non tes que ir traballar?
Esa noite durmiu e xa non acordou, iso foi hai un mes.
Confirmo lendo no meu twitter que isto non é un soño e que apenas foi un mes, sen ela o saber, a sobrevivir á hemorraxia cerebral daquela noite. O tempo xoga en contra, os xeranios que a miña nai prantara xa botaron flor.
Non sei se nos sentiches suficientemente durante todo este mes. A confraría dos amigos de Opaco segue todos os tuíteres e chora e ri canda ti e quere que sintas que non estás só.
Sentín, sentivos a todos ben próximos …estivestes ao meu carón no móbil, no tablet e as poucas veces que me puiden sentar diante do ordenador,
o que non sabía era que houbese unha confraría :)
Grazas a todos e un milleiro de bicos :*
E mais para ti.