Imaxes da construcción da Ponte de Rande

De preguntarlle aos meus pais, haberían dicir que a Ponte de Rande lles cambiou a vida. Daquela obra que nos cambiou a vida é esta impresionante  galería de imaxes da Ponte de Rande desde o inicio da súa construcción ata a súa apertura para o tránsito en 1981, galería publicada hai un tempo polo Faro de Vigo e recuperada por  tecnoloxia.org

A que quizais máis me impresionou foi esta do Estreito de Rande sen a ponte,

estreito_rande

De cando se abriu para o tránsito, en 1981, lembro que no Faro de Vigo, durante un tempo, sairon uns vales para circular gratis, só había que entregar na peaxe o cachiño do Faro co cupón, cupóns que a miña nai se encargaba de recolectar entre os coñecidos que compraban o Faro e non eran usuarios da autoestrada.

ponte_rande

Daqueles días é esta foto, unha marcha ciclista que se fixera pouco antes da inauguración do tramo Pontevedra – Vigo. Boto contas e levamos 28 anos pagando peaxes, unha vergoña!

3 thoughts on “Imaxes da construcción da Ponte de Rande

  1. a idea de looking into the past é boísima, pero para iso habería que dispor de fotos con historia e de tempo, ambas dúas cousas nas que fallo :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *