20 días no Xeral

Fáiseme estraño, logo de tantos anos de ser ela a coidar de todos nós, organizar quendas para vir ter conta dela. Esta noite, despois de 20 días na UCI, é a súa primeira noite na habitación, a primeira de moitas.

Fálolle pero ela non di nada, apenas move as pálpebras de cando en vez sen abrir os ollos, e eu sigo falando, e así unha e outra vez entre aloumiños e bicos.

Seguimos agardando, non sabemos ben o que, pero disque a mellor medicina para estes doentes é o amor. Tentarei devolverlle o que poida, collo a súa man e aprétoa, ela non pode. Isto vai ser moi duro, mamá está en coma.

6 thoughts on “20 días no Xeral

  1. Non vai ser duro, xa o está sendo. Lévao sendo 20 días e tu estás sendo mui forte…
    Muito ánimo, Opaco.
    E un millón de bicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *