Cartografiando moedas

Con  The Euro Invasion of France Strange Maps amósanos un mapa que se presentou nun estudio realizado en Francia durante o ano 2002 sobre a evolución da distribución de Euros alemáns, belgas e españois en Francia.

euro-invasion

O estudio foi realizado consultando a uns milleiros de persoas polas moedas que levaban con eles para comprobar cantas eran moedas francesas fronte ás emitidas por outros países da Unión e foi publicado na edición de novembro dese ano de Population et Sociétés, a publicación mensual do INED (Institut national d’etudes demographiques), aquí en PDF.

Chama a atención o efecto que se produce nas fronteiras cos países viciños e de como as súas moedas foron invadindo Francia, ou de como, entre marzo e setembro dese ano, case que se dobrou a cantidade de moedas estranxeiras, dun 4,7% a 9,2%, tendo en conta que a porcentaxe variaba segundo a denominación da moeda, así só o 3% das moedas de 1 céntimo eran de fóra fronte ao 14% das moedas de 2 euros.

Á vista do estudio vese ben que a invasión foi enorme e rápida e que extrapolada a outros países da Unión Europea, hoxe, 9 anos despois debe ser estatisticamente improbable que non levemos unha moeda emitida por un país diferente ao noso no peto.

4 thoughts on “Cartografiando moedas

  1. Curiosísimo. Se o fixesen da Galiza está claro que polo menos na zona vella de Compostela habería un montón de euros de Portugal, houbo unha época (os primeiros anos do euro) que parecía que era esa a moeda oficial, e o máis peculiar é que había un monte de céntimos (esa moeda coa que raramente pagas nada e que máis ben recibes coas voltas).

  2. Eu indirectamente durante os primeiros meses facía a miña conta particular co meu peto; efectivamente as portuguesas arrasaban nos primeiros meses pero chegado o verán aparecian tamén moitísimas centroeuropeas, e creo recordar que especialemente co Xacobeo 2004. Alegrame este estudio, lastima que os billetes non identifiquen ao Estado.

  3. hoxe, 9 anos despois debe ser estatisticamente improbable que non levemos unha moeda emitida por un país diferente ao noso no peto.

    Certo: todas as minhas moedas são de um país diferente ao meu… “Espanha”, chama-se :D

    Fora do comentário anterior (que era obrigado ;)), o certo é que por Compostela as moedas não espanholas mais comuns parecem ser de Portugal (sobretudo de 5 cêntimos para baixo e de euro) e da França (sobretudo as de 10 e 20 cêntimos), seguidas (diria) polas italianas e depois talvez as holandesas ou as irlandesas (tenho umas quantas com a harpa).

    Ultimamente estou a atopar bastantes moedas de “Letzeburg”, e isso que até este ano nunca (que tenha reparado) colhera uma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *