Levo un tempo coa idea na cabeza de facerlle algo a este sitio, pero aínda non sei se virar a estribor ou a babor.
Polo de agora só teño claro que me vou facer máis estreito e paso a 800px albergando algún escuro desexo de cambio nos meus hábitos de publicación. Non sei sequera se o cambio de deseño é definitivo, o novo chámase Elegant Grunge , o vello,
o vello era ese.
E falando de cambios, cambios nun par de ligazóns, a cossimo tragouno a rede e pawley cambióusenos a blogaliza.
O novo deseño ten algo que ver co uso cotián de dispositivos móbiles?
Como crítica só direi que gostábame moito a foto dopedro :-)
o de que se puidese ver en dispositivos con pantalla de ata 800 px horizontais fixo que me convencese este deseño, polo aquel de facilitármonos a lectura só facendo desprazamentos verticais,
e non desboto que opedro volva aparecer :)