Hai pouco chegoume un cd con fotos dun Vigo que moitos de nós nin cheiramos. Duascentas unha imaxes subidas a Picasa nun album que nomeei Vigo, a cidade perdida; a súa autoría éme descoñecida, agás por unhas poucas asinadas e supoño pertencentes ao Arquivo Pacheco.
Moitas teñen sido protagonistas do blog Arquitectura e Urbanismo de Vigo, pero non outras tantas. Teñen case todas en común unha vellez na que se pode comprobar o Vigo que podería ser agora e non é.
Pero vistas as actuacións previas e mais o PXOM, só nos queda a fotografía.
p.s. e postos a comentar fotos antigas, outras dúas iniciativas, a de A vella e nobre Brigantium, recopilando imaxes da Coruña e a do Concello de Porriño co seu Arquivo da Imaxe de Porriño.
Porque paga a pena saber onde vivimos e ver o que lle fixemos ao noso.
Sobre Pontevedra eu destacaría as de este blogue : http://es.wordpress.com/tag/tal-y-como-eramos/
Unha aperta forte, incríbel como era Vigo…
http://vellaenobregallaecia.blogspot.com/
:)
Marabilloso percorrido, opaco.Mágoa do que perdemos.
da gaña de chorar case
No álbum de Picasa que deixaches a Casa de Baños (nº65) esta duplicada e saen 201 arquivos en troques de 200.
Unha aperta e gracias polas imaxes :)
Era todo ben fermoso antes.
Xa me gustaría a min viaxar no tempo cunha cámara dixital !.
Oh, Vigo, so much to answer for! Compría un Núremberg para os crimes e abusos urbanísticos, máis que nada con fins didácticos. Grazas polo link.
Pingback: Apocalipse do porco » Tipografía regional
Pingback: Recreacións históricas de Vigo · opaco