Espectacular o traballo que se pode ver en fleshmap, un exercicio de visulización xurdido do traballo de Fernanda Viegas, Martin Wattenberg e mais a xente de Dolores Labs ao que cheguei desde un post en information aesthetics, que nos amosa o corpo humano desde tres ópticas diferentes, a do tacto, a da vista e mais a do oido.
A sección do tacto, Touch, baseándose nos datos colleitados entre centos de persoas, amosa un retrato colectivo do desexo. Así, en Skin to Skin, compara homes e mulleres segundo as áreas onde prefiren tocar á súa parella e ser tocados por ela, para amosar logo en Sorting out Desire, un atlas da excitación.
A sección Look explora a multiplicidade de formas que adopta unha mesma parte do corpo en diferentes persoas; a disposición do pelo ao redor dos pezóns dos homes e a disposición e tamaño do pezón e a aureola no caso das mulleres, unha vez abstraídos da pel que os rodea e o corpo que os integra.
A sección Listen amosa, baseándose nunha mostra de máis de mil cancións, con que frecuencia algunha parte do corpo é mencionada nas letras de estas segundo xéneros musicais. Por certo, saberías dicir cal é a coluna que fai referencia ao hip-hop?
Todo o proxecto é interactivo, así que recomendo facer unha visita aló pois as imaxes non lle fan xustiza ao proxecto. Paga a pena adicarlle un tempo a exploralo.
hehe…que ben o pasei xogando co mapa do desexo!
;)
Igual xa o veu, pero senón bótelle unha ollada a estoutro proxecto: http://www.emotionallyvague.com/index.php
quedou apuntado, non o vira ;)
Cheguei aiquí a través da Selva de Esmelle e o seu último posteo. ¡realmente entretido¡¡ Grazas mil.