No tempo que levamos aquí xa perdín a conta dos cativos que viñeron a esta nosa terra cun blo baixo o brazo; nun exercicio neuronal o último do que teño noticia é a pequena da que dá conta o senhor desorde, e parece que a próxima a chegar será a que vén da man da senhora Colombo e da que nos vai dando conta o ghanito na súa Apocalipse do porco; se teñen noticia dalgún outro, fagan o favor de corrixirme.
En Vaitraballar e a petición duns amigos veñen de facer unha pequena e útil guía de todo o papeleo que hai que facer na hora da chegada do bebé:
A ver, situémonos no hospital. Acaba de nacer o voso retoño: ¡¡¡ Bieennnn!!!. Alegría, felicitacións, visitas, cansancio da pobre mamá, as nosas babas caíndo a chorro, vendo pó noso filliño. Si, pero ¿que teño que facer agora?. ¿Os 2500 euros?, ¿Que teño que facer coa miña empresa?, ¿e a miña muller?…
Paga a pena lelo ou gardalo pois nunca se sabe cando pode ser de utilidade, e como apuntan que serán ben recibidas as correccións, aí vai unha:
O autor do post ao falar de que hai que levar ao Rexistro Civil o Libro de Familia para rexistrar ao neno, dá por feito de que o bebé é fillo dun matrimonio constituido legalmente; de non selo, a única persoa que pode inscribir ao bebé é a súa nai, aportando o certificado de maternidade, tendo a potestade para recoñecer e incluir ou non ao pai nun Libro de Familia que non ten e que lle darán, así que hai que agardar a que lle dean a alta á nai para que esta vaia ao Rexistro a inscribir ao seu fillo e, de ser o caso, ao seu pai.
Hoxe os fillos nacidos fóra do matrimonio xa non son ilegais nin van marcados con estigmas sociais e así, creo no matrimonio como unha institución en extinción, unha institución que só ten consecuencias civís sobre a súa propia disolución, o divorcio; así que, de non ser porque a reivindicación do matrimonio polo colectivo homosexual agocha algunha outra relacionada cos dereitos individuais das persoas, me resultaría sorprendente que hoxe sexan os homosexuais quen aparentan ser os maiores partidarios do matrimonio.
E vós como o vedes? Non credes que cando os nosos dereitos veñen protexidos por camiños diferentes xa non ten moito sentido, fóra da vontade de convivir, que exista unha institución coma esta?
Saúdos desde a marxinalidade institucional.
E qué diferencia hai entre a súa marxinalidade institucional e a normatividade matrimonial?
Que vostede non asinou un papel?
quizais a onda expansiva do consumismo que rodea os máis dos bodorrios? :D
…pero o certo é que asinei un papel que ata máis que o matrimonio :)
Claro, claro, esquecía que o señor Opaco é inmune a onda expansiva do consumismo.
E vostede cómo o ve? Cre que ten sentido que exista a institución esa que está detrás do papel que asinou e que o ata tanto?
O que debería facer o Estado é garantir espazos públicos e gratuitos de esparcemento sexual.
Os jipipijos (gay or straight) que desexen formalizar o seu amor ad aeternum que o fagan en Pachá, en Barra, en Balaídos ou na entidade financeira que consideren oportuno.
a institución esa é o banco co que asinei un préstamo hipotecario :)
cossimo, vostede non tiña un blo? ;)
Apesar do nosso filho ter dois pais, legalmente tem apenas um. O casamento poria fim a um rol de discriminações de ordem prática: visitas em hospitais, reuniões de escola, poder viajar sem problemas, entre muitas outras…
“a institución esa é o banco co que asinei un préstamo hipotecario :)”
En fin, non son ninguén para xulgar as perversións dos demais.
“cossimo, vostede non tiña un blo? ;)”
Vale, capto a indirecta. Quere que reserve os meus disparates para a miña casa. Pero xa que pregunta:
a)desaconselloumo o médico.
b)créame problemas de conciencia.
c)so o len vostede, unha amiga miña e un par de pirados en Sudamérica.
De calquera xeito, permaneza atento á pantalla.
je bois, fago unha leve idea do que falas; porén, por moito que cambie a lexislación, aínda faría falta un cambio nos cerebros de moita xente :*
cossimo, hahahahahha, se a súa ip non estivese tan lonxe desta que lle escribe, quedaría con vostede para tomar algo e ir de compras compulsivas :P
fico atento ao ecrán :)
Se paga vostede, por min vale.
pois avise cando veña a este país, que eu lle pago a consumición :) pero o das compras, cadaquén o seu, que os vicios non van nin a escote :D
qué país? Turquía?
pois será turquía :D
Oiii! De San Francisco a Ankara. Non sei cómo pode aturalo!
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
Fase papeleo: concluída con éxito.
Agora comezamos a fase papeleo 2: a gardería…