Tag Archives: xine

De momento, abril

De pleno no Nadal o corpo pídeme falar de cousas tristes pero para iso xa terei tempo, así que si, que ha ser en abril e que, contra todo pronóstico, non se ha chamar Catuxa. E é que a maioría desta casa deixoume só co meu único voto e deron en falar nunha tal Clara.

Alegría

Xa foi hai máis de cinco anos cando comecei a deixar pegadas na rede, a escusa era deixar constancia da experiencia de como era aquilo de agardar por algo que non sabiamos sequera que ía ser opedro. Tanto foi así que, por algunha estraña razón que non sabería explicar, contabamos que o noso cativo ía