Impresionante traballo é o que vén de realizar o Grupo de Investigación en Recursos Mariños e PesquerÃas da Universidade da Coruña ao crear unha capa para Google Earth con información das praias galegas.
Con esta capa, visible abrindo un kmz para Google Earth chamado Praias de Galicia, facilÃtase a visualización da información que xa, desde hai anos, existÃa na GuÃa de Praias de España do Ministerio de Medio Ambiente, pero que o equipo deste proxecto integra no interface de Google Earth ubicando todas as praias sobre a cartografÃa de google, algo no que falla a páxina do Ministerio, que na súa última revisión perdera os mapas esquemáticos de accesos ás praias que aparecÃan na versión anterior da guÃa.
Debido ás dificultades para localizar e obter calquera tipo de cartografÃa dixital temática, incluindo os datos máis básicos da nosa costa, cómpre destacar o traballo deste Grupo á hora de xerar a información cartográfica dixitalizada que ofrece, baixo licencia Creative Commons, desde a súa páxina de descargas e que inclúe capas con información desde das praias ata dos caladeiros de pesca ou bancos marisqueiros das nosas costas.