Atrás do telón

Estiven a piques de deixalo morrer pero logo das alegrías que me ten dado foi que me puxen a arranxar a desfeita que aquí había, pois malia que aos ollos de internet este blog seguiu operativo e que aos ollos dos lectores que aínda veñen por aquí puidese parecer que está a monte, levo case que unha semana á procura dun troiano que se introduciu pola porta de atrás e estaba a facer unha desfeita por dentro.

Logo de investir moito tempo en dar coa solución, esta ben podía ser a escusa perfecta para explicar a ausencia de actualizacións, pero non é o caso, o meu son dous cativos que disque aínda han de precisar de máis dese meu tempo que non me sobra.

E só quedaba escribilo nun post.

P.S. aproveitando que ando por atrás, ando a facer probaturas para cambiar o theme e apuntar aos que usedes wordpress e teñades problemas co feed rss, un plugin chamado Fix rss feeds.

Como abrir un libro novo?

Instruccións para abrir un libro, de cando os libros aínda viñan co lombo cosido,

como abrir un libro

e quizais un documento cunha significación histórica que a máis de un lle custa comprender.

Aniversarios varios

Entre tanto, desde a última actualización, pasamos por un sexto aniversario e por un primeiro cabodano,

P1040190

e a cativa xa ten dous meses e está no percentil 115.

Mapa do metro de Pontevedra

Se hai uns meses apuntaba por acó a imaxinaria rede de metro de Santiago de Compostela, non podía menos que deixar aquí constancia doutro mapa máis que se une a este imaxinario de redes de metro, a rede do metro de Pontevedra[pdf],

subtePO

Realizado por anllo, que apunta que non é enxeñeiro pero que con imaxinación, paciencia e Illustrator logo se monta un metro para cumplir cos traballos académicos.

E por se non chegar, en Webdesigner Depot pódese atopar unha boa recopilación de mapas de metro de todo o mundo realizada por Jon Szczur.

Primeiro mes

Logo dun mes, Clara segue a adaptarse a este mundo tan diferente ao que ocupara os meses anteriores, e vai rápido, enfiando neuronios e facendo conexións que nos sorprenden a cotío. Pero, como lle pasou a opedrinho, é ao seu sistema dixestivo ao que lle está a dar traballo adaptarse, ao seu irmán levoulle mes e medio.

Mentres agardamos a que chegue ese día imos de visita pediátrica na que, logo dun mes, mediu 55 cm. e pesou 4,600 kg. …camiño a casa preguntábamonos se teriamos unha filla enorme.

20100526clara

Pero quen agora nos parece enorme é opedrinho, que debe andar nos 20 kg. e chega aos 1,22 m., que nos sorprendeu moi disposto a axudar en casa para atender á súa irmá exercendo de irmán maior, como tamén para ser o primeiro en comela a bicos, cousa que non nos estrañou.

Estase ben así, aínda me viro para onde chaman por senhor feliz.