Férias galegas

26 Marzo 2008

Foron moitos quilómetros polas autoestradas do Atlántico e mais do Atlântico ata chegar ao cabo de São Vicente. Atrás quedaron os momentos de descanso, os paseos pola praia, o dicir que non somos castelhanos, o pasamento de John Balan, as evolucións de opedro no bambán e a tranquilidade.

De volta ao rebumbio aínda dou en botarlle un ollo á última anotación dos planos da Baedeker ao fio do apuntamento de dot no que comenta a curiosidade de ver o plano de Barcelona sen a Vía Laietana ou o de Madrid se a Gran Vía.

Así, vendo os planos do Porto e mais de Lisboa, chamou a miña atención o de Lisboa e arredores, no que non aparece aínda ponte ningunha sobre o rio Tejo, pero máis curioso aínda foi a existencia dun lugar en Estoril chamado Galiza, Galliza no mapa, que ata ten a súa escolinha de rugby da Galiza, e a aparición dunha Aldea Gallega na outra beira do rio, cousa que para un galego sempre chama a atención e dá lugar a especulacións sobre a súa orixe.

arredores de Lisboa en 1901

Desde a publicación deste plano en 1901 ata os nosos días moito cambiou, tanto que ata lle cambiaron o nome á vila que pasou de ser a Vila de Aldeia Galega ou Aldegalega do
Ribatejo a chamarse, a partires de 1930, Montijo. Sobre a súa orixe non atopei grande cousa, apenas que foi considerada como a terra máis republicana de Portugal e pouco máis na Corografia Portugueza, na que se menciona que a vila tomou o nome dunha muller chamada Alda a Galega, por ser oriunda das partes da Galiza, e que o nome ficou como Aldagalega de Ribatejo por diferenciarse da veciña vila de Aldeia Galega da Merceana.

Quizais con algo máis de tempo daba para ter algunha información máis sobre a súa orixe, agora estamos de volta no choio.

A vítima, o elo mais fraco

17 Decembro 2007

Hai mortos, armas, drogas, cartos, futebol, extorsións, testemuñas medoñentas… e non é unha serie de televisión. Non é Tony, nin é un Soprano, nin está en New Jersey. Chámase Bruno, disque non é do gangue da Ribeira, e ocorre no Porto, aí ao lado.

o Tony Soprano do Porto :D

As radios ao sur do Minho falaban da Operação Noite Branca e ao chegar a casa din con esta fotografía roubada ao Público, fotografía que xa me puxo a recuperar os Soprano en tempos de seca de torrents.

A Pepe Saramago

19 Xullo 2007

Copiado aló e pegado acó,

Muy señor mío,

Me perdonará Usted mi pobre castellano, pero desde anteayer me entero de la urgencia de praticarlo. Al “Diário de Notícias” de Lisboa predijo Usted esto: “Acabaremos por integrar-nos” en España. Preguntado por el periodista João Céu e Silva si nuestro país seria entonces “una província de Espanha” (le sigo citando en nuestro antiguo idioma), Usted contestó: “Seria isso. Já temos a Andaluzia, a Catalunha, o País Basco, a Galiza, Castilla La Mancha e tínhamos Portugal”.

Claro, nos asegura, podremos conservar nuestra lengua, nuestras costumbres, y así mismo creo yo nuestro fado, pero (no lo dijo, uno entiende) nos gobernaría el jefe de estado madrileño del momento. Y aunque diga Usted que no es profeta, no hay que olvidar su proverbial modestia. En fin, para gente sencilla como yo, sus palabras son un caritativo aviso del destino.

Pues, señor, no y no. Usted, el más famoso de mis compatriotas, se permite en público unos juegos muy guapos de futurología. Pero se los guarde para sus libros, los cuales están perdiendo el suspense de antaño. Créame, el real futuro de un Portugal integrado en España lo conocemos ya muy de cerca. Está visible en la Galicia de hoy, donde la lengua dominante, y los derechos dominantes, y los partidos dominantes, son los de Madrid. Esto no es futurología, si no lo qué uno ve. Si quiere verlo.

No creo que sea su caso, Don José. Me contaran que, hace poco, visitó Usted Galicia invitado por el Pen Club. Le rogaran que hiciera su discurso en Portugués. Todos podrían entenderle, sin problema, si hablara en nuestra hermosa variedad de gallego. Usted - como otras veces ya en Galicia - recusó y habló en Español.

Muchas gracias en realidad. Ahora sabemos cómo hablarán, en la Província española de Portugal, los futuros traidores.

Fernando Venâncio

Porto vice

11 Decembro 2006

Estes días de desconexión serviron para descobrir que os galegos alén do Miño, tal e como facemos os de aquén do Miño, tampouco se resisten á farsa do Nadal, e alí estabamos todos, a cuberto da chuva, nunha fnac ateigada de xente disfrazando a súa alegría con roupas de visa.

traballa, compra, consume e morre

Nas ringleiras que fixemos coas nosas moleskines nas mesmas caixas que o resto de alegres consumidores, despois de fedellar con algún dos portáteis que alí había e mais de ver baleiros os estantes onde deberían estar as Wii que levaron os que acordaran cedo, foi que decidimos escapar. O día xa era tal, a luz natural quentaba a pel e a chuva desaparecera.

E de volta ao noso tobo foi que aínda a antena 1 anunciou o gañador da carreira entre demócratas, mentres opedro, á vista dun deses papanoel suicidas, dicía,

Ah! papanoel!… e painatal?

Non sei que pasará pola súa cabeziña, pero estes cachorriños absorven información como se fosen esponxas.

De onde vés sendo?

23 Novembro 2006

O ILG, que non o ILGA, vén de poñer na rede unha ferramenta para a consulta da distribución xeográfica dos apelidos en Galiza, de xeito que podemos coñecer, a través da cartografía, os lugares onde un determinado apelido é máis frecuente, así como o número de apelidos por concello e a súa porcentaxe fronte ao total dos seus habitantes.

Disque pola distribución actual dun apelido, pódese saber de donde é que vén, como no caso dos apelidos de orixe toponímica, que, no meu caso, ao consultar por el sae isto,

Cartografía do meu apelido

E visto o visto, tanto no do ILG como no do seu equivalente en versión española, que amosa a distribución dos apelidos por provincias, gustaríame saber dos que cruzaron o Miño, xa que me consta que algún, iso si, co apelido deturpado, ata cruzou o Douro.

Pregúntome se os portugueses terán algo disto. Sábese algo?

Ligações

15 Xaneiro 2006

Desta vez non tiven que ir até Braga. Na última vez que estivera alá fora diante dunha imperial e con boa compañía. Ían e viñan as conversas e nunha delas foi que me contou que tiñan pensado establecerse ao norte do Miño e así, demos en falar do que os portugueses coñecían dos seus viciños do norte e do que os galegos sabían dos seus viciños do sur. A conclusión foi que, en xeral, pouco sabiamos os uns dos outros, pero que no futuro, se as comunicacións viais nos unían, as inercias económicas farían o resto.

Agora volvemos falar, coa mesma boa compañía pero diante dunha caña. Faloume do adiamento do TGV, da incompetencia dos políticos para estructurar a rexión natural da Galiza e máis do norte de Portugal, da perda de peso político, que non económico, do norte de Portugal e da falta dunha entidade que poida defender os seus intereses nun marco ibérico. Dime que somos nós, os cidadáns e a iniciativa privada os que estamos a puxar polo sector público; cóntame que moitas empresas portuguesas achan ao norte do Miño o camiño máis curto para entrar no mercado ibérico…

Comigo fala galego, disque é a mesma lingua que falaban os seus avós de Melgaço, e que non hai cousa máis portuguesa que ser galego, que xa na escola, o seu mestre lles explicaba que Portugal era unha creación das xentes do norte, que foron os que lles deron a língua e lles puxeron nome ás súas terras. Dese xeito, despois da Galiza, viña a Beira e logo a Estremadura, e, máis alá fóra, eran alentejanos…

Marcho coa sensación de que cada ano que pasa as dúas beiras do río están máis unidas que nunca e, de camiño a casa pola autoestrada, paso a varias carrinhas cheas de obreiros portugueses que voltaban para a súa e cavilo en que vai resultar que serán os tráfegos económicos os que unirán o que os políticos separaron durante tantos séculos.

En Macau e en galego

Xa na casa, leo no Gildot que, na Versão Original, xa subiron o video (en calidade MPEG-2) dunha reportaxe que puxeron na RTP sobre a lingua portuguesa ao norte do Miño da que xa sabía da súa existencia polo portal galego da Língua. Concordo contigo, Camilo, a necesidade de coñecer as diferencias coa norma portuguesa vaise facendo evidente.