Category Archives: nena

Primeiro ano

E foi que tiña que chegar, doce meses máis tarde aínda nos preguntamos por este ano que parece que se nos escurriu por entre os dedos, un tempo que transcorre só a través dos avances e cambios dun bebé. Hoxe, antes de sairmos de casa, descubrimos á Clara subida e sentada no seu carriño de

Aniversarios varios

Entre tanto, desde a última actualización, pasamos por un sexto aniversario e por un primeiro cabodano, e a cativa xa ten dous meses e está no percentil 115.

Primeiro mes

Logo dun mes, Clara segue a adaptarse a este mundo tan diferente ao que ocupara os meses anteriores, e vai rápido, enfiando neuronios e facendo conexións que nos sorprenden a cotío. Pero, como lle pasou a opedrinho, é ao seu sistema dixestivo ao que lle está a dar traballo adaptarse, ao seu irmán levoulle mes

De momento, abril

De pleno no Nadal o corpo pídeme falar de cousas tristes pero para iso xa terei tempo, así que si, que ha ser en abril e que, contra todo pronóstico, non se ha chamar Catuxa. E é que a maioría desta casa deixoume só co meu único voto e deron en falar nunha tal Clara.