Opaco » móbil

Experiencias co MiFi
Algún día haberemos de contarlle aos nosos fillos ou netos de como, ás veces, andabamos ás voltas para atopar unha cafetería con wifi, ou algún lugar onde podérmonos conectar desde unha wifi aberta, pero aquelas wifi abertas que saían das casas dos viciños foron esmorecendo a golpe de contrasinal.

Pero todo comezou a cambiar o día que a Internet móbil se fixo máis accesible aos orzamentos de todos os petos para o seu uso esporádico, coa popularización dos modems 3G calquera podía conectarse á rede en mobilidade; primeiro sairon en formato PCMCIA, máis tarde sairían para Express Card, e logo se popularizaron en formato USB e foron estilizándose ata os tamaños actuais, pouco maiores que as memorias USB.

Porén, malia ir evolucionando, o de ir pinchando cousas nos portos USB  do noso equipo portátil cando actúa como portátil é sempre un atraso,  sobresaen da carcasa do noso equipo e corren o risco de engancharse con  algo ou con alguén, ademais de ser preciso pasar por un proceso de  instalación de software e drivers que non sempre é fácil. Pero a maior  limitación destes modems USB 3G é que a conexión está restrinxida a un  só equipo, aínda que haberá quen diga crear unha rede adhoc desde un portátil.

Pero hai cousa dun ano, o panorama cambiou desde o momento que Novatel presentou o MiFi, un pequeno aparello que anda nos 100 gramos de peso e que vén sendo un modem 3G coa súa ranura para a SIM á vez que un router wifi. Úsase como un router convencional onde o que se comparte a través da wifi é a conexión 3G a internet. O modelo para as redes GSM, as que se usan en Europa, é o MiFi 2352 e parte da idea de que a conexión vai connosco, converténdose no router de viaxe perfecto que dá saida á rede a todos os nosos aparellos wifi pagando unha única tarifa de datos.

Vai xa para dous meses que veño utilizando un router MiFi e a experiencia non podería ser máis satisfactoria. Pódese utilizar coa batería incluída que dá, dependendo do uso da rede que fagamos, para entre 4 e 5 horas de conexión; tamén inclúe un enchufe á rede eléctrica así como cabo para conectalo ao chisqueiro do coche e, no caso de quedar sen batería, tamén pode cargarse a través dun porto USB, cabo tamén incluido, pero neste caso o fabricante desactivou a funcionalidade wifi e pasa a actuar coma un modem USB convencional, previa instalación de drivers e software. Pero se queremos utilizar o MiFi como router mentres se carga a través do porto USB dun ordenador hai solución, só hai que modificar no arquivo de configuración o valor de routeroverusb de 0 a 1 e subilo de novo ao MiFi.

A súa única limitación é que o número de aparellos conectados á wifi do MiFi non poden ser máis de cinco, unha cifra que podería parecer pequena pero que para un router de viaxe non debería supoñer maior problema; fóra diso, a experiencia de conexión cando estamos nunha zona con boa cobertura 3G é moi parecida á que temos cunha ADSL de velocidade similar, nótanse aí os seus 900MHz de procesador, así como a presencia de características como as que posúen routers de sobremesa: firewall, VPN, redireccionador de portos, acceso a redes VPN, soporta ata o protocolo HSUPA ou estandar G en wifi, protocolos de seguridade WEP, WPA e WPA2,… e todo configurable a través dun servidor web .

Tamén hai que mencionar que o MiFi dispón dunha ranura MicroSD que permite compartir o contido da tarxeta MicroSD, soporta ata 16 Gb, con todos os dispositivos conectados á rede local, aínda que só a a través do interface web

En definitiva, o MiFi é un aparello pequeno, versátil, cómodo de utilizar e estable, e dá unha nova dimensión á nosa conectividade 3G, e é que cada día é máis habitual que levemos nos petos, ou na mochila,  ou no bolso, algún trebello que podería tirar proveito dunha conexión de  datos, xa sexan ordenadores, teléfonos, videoconsolas, cámaras  fotográficas, reproductores multimedia,… trebellos aos que o MiFi lle ofrece a solución ideal para conectalos á rede sen agardar a chegar a casa ou ao choio nin ter que andar á busca dunha wifi amiga.

Unha semana cun Nokia N900
Desde antes de que se anunciara a súa saída ao mercado xa me enchera o ollo e conforme foron aparecendo videos pola rede amosando o seu desempeño tiña claro que o Nokia N900 parecíase moito ao que eu lle pediría ao meu terminal móbil ideal.

Case que coa decisión de compra tomada, o @bertogg ofreceuse a prestarme un N900 para fedellar con el e acabar de decidirme, así que durante a última semana converteuse no meu móbil de cotío. A máquina é impresionante, con practicamente de todo, desde GPS a cámaras, unha frontal para webcam/videochamada e unha posterior de 5 megapixels para fotos/video, desde un teclado qwerty ata espazo para unha microSD por se os 32Gb de disco quedan curtos ou, mesmo un transmisor FM e saida AV.

A transición foi ben fácil desde un Nokia E71, uns cinco minutos de espera e o N900 recuperou, vía bluetooth, case 1.000 contactos e uns 200 apuntes no organizador/calendario . As primeiras probas co navegador a través dunha wifi adhoc foron espectaculares, é a mesma experiencia que a dun navegador de escritorio coa única limitación da resolución da pantalla, 800 x 480. E ao mando da máquina, Maemo 5, un linux deseñado para estes aparellos, do mesmo xeito que Ubuntu está feito para máquinas PC ou ben, Android para uns determinados terminais móbiles.

E se ben as cualidades de Maemo 5 e as melloras respecto aos Internet Tablets con Maemo 4 son evidentes, a maior diferencia é que a versión que acompaña ao N900 é a primeira que incorpora funcións de telefonía móbil, tanto para voz e datos.

Así, durante esta semana pasada o N900 fixo o traballo, e acompañou o ocio, tal como o fai o meu Nokia E71, ao que ás veces o acompaña o meu N800, pero quedei coa sensación de que o N900 aínda non é un teléfono de seu.

Coa posibilidade de integrar na aplicación de contactos os doutras redes coma Gtalk, Jabber, Skype ou outro SIP de modo nativo, ou de Facebook, Twitter ou MSN a través de aplicacións de terceiros, e poder ver o estado dos teus contactos nun widget no mesmo escritorio, a aplicación do teléfono prometía, pero a maior limitación que atopei foi que o deseño do terminal é para ser usado en posición horizontal, con ou sen o teclado aberto, e utilizalo en posición vertical e cunha soa man conleva unha dificultade engadida, xa que malia que funciona, a aplicación telefónica dá a impresión de ser un apaño para ter un interface que concorde coa posición do auricular e o micrófono nos seus extremos, deixando de ter nesta postura o teclado qwerty para ter un teclado numérico táctil standard, nula interactividade coas chamadas perdidas, sen posibilidade de ler nin escribir SMSs, e só poder navegar polos contactos nun scroll infinito polas súas letras iniciais, co que acabas por poñelo horizontal ata establecer a chamada só por ter unha experiencia satisfactoria de uso.

Probando case que todo, instalando aplicacións, activando servicios online, tuneando o móbil por facer o seu uso gratificante foi como pasei a última semana, decatándome de que é un terminal que está a outro nivel, que Maemo 5 lévao a unha posición a medio camiño entre os S.O. móbiles coma Symbian, Android ou AppleOS e e os de escritorio, sexa MacOS, Windows ou Ubuntu, sendo quen de facer todo o que fan os primeiros e moitas das cousas que fan os segundos.

Podería aturar o condicionante do seu uso horizontal polo seu tamaño e disposición, ou perdoar a disposición do teclado ou a súa pantalla resistiva, pero aínda así, precisa dun novo firmware, que seica está para sair e xa se está a traballar no subseguinte. Ata houbo quen fixo un post coas 35+10 cousas nas que precisa meter man o novo firmware e coas que concordo plenamente.

Así, contando con que Nokia é consciente de que se precisan moitas máis aplicacións e desde o momento de que a maioría dos problemas que ten este aparello teñen como protagonista ao software confío en que o N900 poida convertirse nun equipo redondo, malia que iso debería ser axiña, moito antes de que chegue o seu sucesor.

p.s. de querer ver unha review bastante ecuánime con video incluido, a de engadget, e de querer facer algunha pregunta, nos comentarios; e como sospeito que alguén vai aproveitar nos comentarios, feliz 2010.

5 semanas, 5 días …e 5 anos
Mentres opedriño inflaba as fazulas para apagar o lume do número 5 que coroaba a súa tarta e lle cantabamos desexándolle un feliz aniversario, un nó na gorxa apretaba tanto que os sorrisos se confundían coas bágoas e facía difícil seguir a cantar.

A emoción tinguía os ollos, era un momento feliz, opedro facía cinco anos canda nós pero a súa avoa tamén se aboaba ao cinco, eran 5 semanas e 5 días os que levaba no hospital, onde segue atada ao seu fio de vida, aínda en coma.

Parece increible o que nos cambia a vida; non hai tanto que a miña nai lle preguntaba a opedro cando ía ser o seu aniversario e se a ía convidar á festa e agora é el o que pregunta cando vai ir ao parque coa avoa. Todos sabemos que para iso faría falta unha miragre.

Desde aquí, no hospital, onde está máis demostrado ca en ningures o fráxil que é a vida, só desexo que podamos seguir xuntándonos para seguir contando aniversarios ao redor do máis grande que pasou nas nosas vidas, porque pase o que pase, a avoa seguirá con nós mentres teñamos vida.

Apps para o Nokia E71
Malia ser un de tantos dos que non gustaba do sistema operativo Symbian, logo duns meses a usar o Nokia E71, onte mesmo recomendaba a súa compra baseándome na experiencia de levar probados uns cantos aparellos de similares características.

Quizais a súa maior eiva é a interfaz de usuario e a súa usabilidade, pois de pouco vale que sexa rápido, multitarea e estable se non se lle pode tirar o proveito debido a que fai falta moito click polos menús para chegar á aplicación, páxina web, fotografía, canción,… que desexamos.

Aínda así, aos que estean afeitos aos Nokia non lle custará explotar as características deste trebello, que coa grande cantidade de aplicacións dipoñibles pódese persoalizar ata o punto de converterse nun aparello estable que deixa de ser lento e complexo na súa utilización, e que ademais de todo o software que vén instalado por defecto (Quickoffice, Adobe PDF, Nokia Podcasting, Compartir en línea, Notas ou o Diccionario) hai uns poucas aplicacións para o cotío que melloran moito a experiencia, sendo case que todas instalables desde o propio navegador do móbil visitando os links que puxen a seguir,

Para navegar na web, aínda que vén por defecto un navegador baseado no Webkit, o Opera Mini,

Para chat baixo calquera protocolo e mais VoIP, incluindo Skype (sen video) tanto a través de 3G coma wifi, ou ben Nimbuzz ou Fring,

No aspecto multimedia, adáptase perfectamente á pantalla do teléfono a aplicación nativa de Youtube, unha marabilla para Symbian; como tamén o fai Mobbler , para reproducir o contido de last.fm, un servizo que agora se pasou aos de pago, ou QIK para emitir video en tempo real a través da rede de xeito bastante decente.

Pola banda das aplicacións que tiran proveito do GPS do teléfono, Nokia Sports Tracker , Google Maps e a última versión de Nokia Maps que poden acompañar ao navegador GPS favorito, sexa TomTom, Igo, Sygic ou calquera outro para Symbian.

No grupo dos que aportan melloras ao software que vén preinstalado, o Handy Calendar, da mesma casa que Handy Safe, como sustituto da axenda, Calcium, da calculadora, ou JbakTaskMan, do xestor de tareas e, para o explorador de arquivos, Y-Browser.

Logo, apuntar unhas xoíñas coma Nokia Messaging, que xa nos novos modelos da casa finesa é o xestor de mensaxería instalado por defecto, JoikuSpot, na súa versión gratuita Lite, que convirte o noso teléfono nun router que reparte a conexión a redes 3G vía wifi nunha rede adhoc aberta a calquera aparello wifi que se desexe conectar, e que na versión de pago pode protexerse con WEP e WPA, ou mesmo o FreeTimeBox, unha pequena utilidade de entre moitas outras que existen para engadir un reloxo á barra de menús e telo sempre á vista dentro de calquera aplicación.

E para o final, a última novidade para Symbian, Gravity, un cliente para twitter, que en apenas un mes desde a súa aparición diría que é a mellor aplicación que teña nunca visto correr nun móbil Symbian, algo que considero que a xente de Nokia debería ter moi en conta, ademáis do feito de ir mellorando con sucesivas actualizacións desde a versión 1.00, tanto que a experiencia de uso é tan satisfactoria como a de calquera bo cliente de escritorio, coa ventaxa de levalo na palma da man onde sexa que esteas.

Porque a estas alturas, imos sabendo todos o que é twitter, non?

E se alguén quere saber algo máis da miña experiencia co Nokia E71, que o comente aquí …ou me pete no twitter.

Time to first fix
Desde que o teléfonos móbiles comezaron a incluir receptores GPS volveuse un costume entre os coñecidos o de chamarme desde algún lugar lonxe do seu lugar de residencia para contar que o seu GPS non funcionaba logo de agardar durante minutos a que dea unha posición sobre a cartografía do software que leve o aparello.

E que se o normal é que o chip GPS obteña unha posición válida nuns 20 segundos, o certo é que para que obteña esas coordenadas nese curto periodo de tempo precisa dunha información que é transmitida polos satélites da rede GPS que flotan por riba das nosas cabezas e que, segundo as condicións, pode supoñer máis ou menos tempo.

Así, un arranque en frío dun chip GPS que non almacena información ningunha da súa posible situación, velocidade, hora, ou información dos satélites da rede GPS, precisa primeiro obter o sinal dun satélite, tarefa que pode ser máis ou menos complicada segundo a cantidade de ceo que teñamos á vista. Dese primeiro satélite debe obter, de entre os sinais GPS, o almanaque, que é o conxunto de datos que axuda ao GPS a determinar que satélites buscar segundo a ubicación dese primeiro, para o que precisa de 12 minutos e medio para recibir eses datos enteiriños e que teñen información válida para os seguintes 180 días.

A seguir, de cada un deses satélites que localiza cos datos do almanaque debe agardar a recibir as efemérides, os datos relativos á órbita detallada dese satélite, que son emitidos cada 30 segundos e con validez para 4 horas, co que só queda recibir o sinal de, como mínimo, 3 satélites na teoría, e na práctica ao redor de 5 para obter unha posición válida.

Así, segundo o tempo preciso para obter unha posición válida, Time To First Fix [TTTF], que é a que adoita aparecer nos manuais dos aparellos, danse tres situacións,

Cando o GPS leva menos de 4 horas apagado e, polo tanto, conserva o almanaque e as efemérides, o seu reloxo está sincronizado co da rede de satélites e ten á vista os satélites previstos polo almanaque, isto é, nun lugar próximo ao de cando se apagou o receptor, é coñecido como arranque en quente, Hot, ou Standby, no que a resposta do GPS é inmediata.

Chámanlle Normal, ou Warm cando o GPS aínda conserva un almanaque válido, está nun área de 100 km á redonda da última posición coñecida e a diferencia da hora estimada polo receptor e a da marcada polos satélites GPS non sexa de máis de 20 segundos, co que só lle queda agardar polo conxunto das efemérides que son enviadas cada 30 segundos.

E, por último, o arranque en frío, que lle chaman Cold ou Factory, de fábrica, cando falla algún deses requisitos para coller un fix de contado, no caso de ser do trinque por vir dun lugar lonxano ou tamén  coma no caso que poden ser os viaxes en avión, ao arrancalo ao baixar do avión a centos de quilómetros da súa última ubicación e á vista duns satélites que non agardaba no seu almanaque.

Mentres os fabricantes falan dun TTTF [Time To First Fix] de 15 minutos para un arranque en frío, a realidade é que de non ser a ceo aberto, pódese alongar moito máis, tanto que pode dar para pensar que o GPS está escarallado.

Para reducir ese tempo de espera naceu o GPS Asistido, Assisted-GPS ou A-GPS, que utiliza, nos máis dos casos, a conexión de datos do teléfono móbil para que, segundo a ubicación da antena celular que nos dá cobertura, reciba información a través de redes GPRS ou 3G, Internet móbil, dos satélites GPS para esa área e acelerar o tempo para obter a posición co GPS.

Ou, para o caso de aterrar nun lugar fóra das fronteiras de cobertura da nosa operadora móbil, ou para aforrar cartos na Internet móbil, o cómodo, máis rápido e recomendable é prender o receptor GPS en pleno voo na media hora previa á aterraxe ata que nos digan o de apagar os aparellos electrónicos pois, dese xeito, o noso receptor irá captando a información relativa aos satélites desa zona onde imos precisar dos datos do noso GPS e con plena operatividade só uns segundos despois de prendelo. Para que non digan logo que non llo expliquei.

Pílulas de 140 caracteres
Esta mesma semana me preguntaban para que valía twitter. Logo de levar utilizándoo dous anos, ao primeiro, non souben dar unha resposta, pero ocorréronseme un par de preguntas; e para que che serve o teléfono? e os SMS?

E é que malia que as súas funcionalidades son mínimas e moitas veces é preciso botar man se servizos alleos a twitter para ampliar as súas miras, nunca 140 caracteres deran para tanto e nunca antes tivera a tanta xente a un só click de distancia. Milleiros de ollos lendo outras realidades, conversando sobre elas e compartíndoas nunha cómoda asimetría ao redor da que van xurdindo novas aplicacións que interactúan con elas: estatísticas, imaxes, monitores de datos, búsquedas, xeolocalizacións, feeds,…

Pero con toda a súa sinxeleza aínda está aí e cada día que pasa son máis os que se unen á conversa. O último en unirse foi o alter ego de Anxo Quintana, @anxoquintana, ao que lle apuntaban desde o twitter algo co que concordo,

Resultame moito mais interesante vostede que a súa parodia institucional :)

Lémonos no twitter, que aínda queda moito por inventar.

Vida de batería
Sendo a mobilidade unha das principais vantaxes dos ordenadores portátiles, esta depende en grande medida da autonomía da súa batería que, porén, ten unha duración limitada no tempo que se vai reducindo conforme pasa por ciclos de carga e descarga.

A aplicación que sae na captura chámase coconutBattery e apenas vale para che dar información da carga da batería do teu portátil baixo MacosX e gardar un pequeno histórico, coñecendo dese xeito o estado da mesma e da súa disponibilidade para facer o seu traballo de portátil.

Segundo Apple, a batería dun portátil ben coidada debería conservar ata un 80% da súa capacidade orixinal logo de 300 ciclos completos de carga e descarga. Se lle fago caso aos datos que dá coconutBattery suponse que aínda conservo o 96% da carga orixinal logo de 24 meses e, malia o que amosa a captura, máis de 1000 ciclos de batería desde os 5200 mAh  orixinais ata os 4995 mAh actuais pasando por uns estraños 5391 mAh.

En todo este tempo non tiven ningún coidado especial fóra das recomendacións habituais, como as que recollen nas mesmas páxinas de Apple; cunhas indicacións xerais para o mantemento das baterías así como uns consellos para maximizar a carga da batería, ou os que no seu momento apuntaron en Consumer baixo o título de trucos para que dure máis a batería do portátil.

Latitude, xeolocalización no móbil
De cando en vez aos de Google dáselles por presentar unha manchea de novidades e sendo como era só unha cuestión de tempo que Google entrase no mercado da xeolocalización, vén de facelo da man de Google Latitude, unha aplicación para dispositivos móbiles (Symbian S60, Blackberry, Android, Windows Mobile e, nun futuro, para  móbiles con J2ME e o iPhone) que tamén se pode utilizar desde un pc a través dun widget para iGoogle. Creada como unha extensión da versión móbil de Google Maps, permite compartir a túa ubicación cos teus contactos de Gmail, así como localizar e ubicar no mapa aos teus contactos desde a mesma aplicación.

Esta localización faise de tres xeitos diferentes, ben ubicándonos a través do GPS nos terminais que o incorporan, ben ubicándonos a través das antenas de telefonía móbil ás que o noso terminal se conecta para sair a internet, ou ben manualmente, dándolle nós a nosa posición (real ou imaxinaria) no mapa.

Sempre haberá quen diga que se non chegaba con que desde Google saiban o que andamos a buscar na rede, ou das webs e feeds que lemos, ou do contido dos nosos documentos e do noso correo electrónico, que agora tamén poderán saber onde estamos. E por iso mesmo, Google traballou o tema da privacidade para asegurarse de que o usuario mantén un completo control sobre a quen quere amosar a súa localización, dándonos opción de controlar con quen compartimos a nosa posición, contacto a contacto, e a que nivel de detalle (a nosa posición exacta ou apenas a cidade onde estamos).

Son da opinión de que esta presentación ha de marcar un fito tanto na rede móbil coma nos servizos de xeolocalización, pois se ata o de agora para Google era importante o que andabamos a procurar, de agora en diante a nosa localización ha de funcionar como filtro á hora de amosar resultados e informacións, que non dubidará en utilizar para ofrecer publicidade ou algún servizo relacionado coa nosa localización.

Así, e mentres andei a probar Latitude, non me levou máis duns minutos decatarme das súas posibilidades, xa que desde Google fixéronno dun xeito fácil pois en lugar de crear unha nova aplicación, implementárona coma unha extensión nunha aplicación, Google Mobile Maps, para convertirse máis que nunha rede social, nunha nova funcionalidade nun producto xa existente e instalado, quizais, en millóns de terminais, no que ademáis de ubicarnos como ata o de agora, podemos, dun xeito fácil e intuitivo, compartir esa información, ver aos nosos contactos no mapa, enviarlles un mail, un SMS, chamalos por teléfono, facer búsquedas no seu entorno,  todo desde a mesma aplicación e dispoñendo sempre da información extra que dá a súa localización e sabendo do seu do status, o “que estás a facer” que utilizan outras redes sociais, que se amosa baixo o seu nome e avatar.

Agora resta por saber se Google vai seguir evolucionando a versión móbil de Google Maps e utilizala para entrar no mercado das redes sociais ou, se ben, vai ir cara ao mercado da xeolocalización, onde malia a entrar con bo pé, lle queda moito camiño por percorrer, entre outras cousas ao concentrarse só na localización en tempo real sen gardar un histórico das localizacións ou, polo de agora, ao non dispoñer dunha API  e servir de plataforma para terceiras aplicacións, que é o lugar onde están xogando servizos como Fire Eagle, Brightkite, Plazes e mesmo a galega Ipoki, que aínda teñen moito por dicir, e máis agora que google acelerará este segmento. O tempo dirá…

Prefixos e sufixos móbiles
Co móbil nas mans e antes de abrir o navegador cavilo nas diferentes opcións que teño para averiguar a dirección dun sitio web que se supón optimizado para as pequenas pantallas destes aparellos.

Visto que o ter que teclear o http:// xa non é necesario, e cada vez son máis os sitios que non forzan a poñer o www. malia haber algún por aí que dá erros se vai sen as tres uves dobres por diante, só queda acertar se o creador da páxina se decidiu por un dominio .mobi, se é dos que lle engade o /mobile, ou ben optou polo /m ou só lle puxo o m. por diante. Por se fosen poucos, hai quen tira por apuntar a un i. ou /i para dicirnos que foron deseñados co iphone na mente, e outros optan por deixar o nome de dominio igual e que sexa o servidor o que detecte se a visita chega desde un dispositivo móbil para darlle unha versión optimizada.

De entre as páxinas que consulto con máis frecuencia desde dispositivos móbiles, e tamén desde máquinas maiores cando a única opción de conexión é a través de GPRS, teño de todo,

De entre os lectores de feeds,

www.google.com/reader/i/

www.google.com/reader/m/

i.bloglines.com

www.bloglines.com/mobile

Na prensa escrita,

www.elpais.es/pda

www.elpais.com/iphone

www.elmundo.es/pda

www.elmundo.es/accesible/

apenas española, xa que ningún xornal galego ten unha versión que se poida ver dun xeito decente desde o móbil.

Para o correo de google, o mellor é calquera das aplicacións móbiles que existen, pero a falta delas pódese acceder en

m.gmail.com

mail.google.com/a/

Para Twitter, ademáis da versión móbil e aplicacións varias para xestionar os twits desde o dispositivo, eu utilizo

dabr.co.uk

pero hai outras,

m.twitter.com

m.slandr.net

www.twitstat.com/m/

m.tweete.net

Para facebook, teño comprobado que apenas o utilizo fóra da páxina móbil, moito menos abafante que a súa irmá maior,

m.facebook.com

Para a wikipedia, moito mellor a wapedia que a versión móbil que veñen de lanzar,

wapedia.mobi

mobile.wikipedia.org

Para a previsión do tempo,

meteogalicia.es/movil/

m.wund.com

foreca.mobi

E logo, no caixón aínda me quedan,

m.chuza.org, o chuzamóbil,

m.ebay.com, para as poxas do ebay,

m.flickr.com, para ver ou subir fotos en flickr,

atasco.org/m/ coas incidencias das estradas españolas segundo a DGT.

E para as páxinas que non se deixan ver en pantallas pequenas, utilizo os escuchimizadores de google e de skweezer,

www.google.com/gwt/n, o Mobilizer de google,

skweezer.com, que me leva acompañando no peto desde os tempos do Palm Blazer.

E se a alguén lle quedan dúbidas de como se ve unha determinada páxina, Opera ten no seu sitio un emulador do Opera Mini, o seu navegador web móbil que é quen de funcionar en case que todos os teléfonos.

Agardo que a alguén máis lle sirvan estas direccións á hora de lanzarse a utilizar internet desde o móbil, ou para suxerir outras; se por min fose, utilizaría a mesma url do sitio e que nos ofreza a posibilidade de acceder á súa versión móbil, e no seu defecto, o prefixo m. ou o sufixo /m, e vós?

Nokia e Macbook, xuntos á rede
O paradoxo é que esta seca aportando contidos ao blo coincide cun momento no que os trebellos que me acompañan me permiten estar na rede case en calquera lugar que haxa cobertura móvil. Todo segue indo rápido, parece que cada vez máis rápido, tanto ten onde e como, o importante é estarmos sempre conectados, coma se estar unha hora sen recibir correo indicase que algo raro está a pasar.

E aí estou eu, probando trebellos, algún dos cales é o que vai sustituir o meu Treo, un aparello do pasado que aínda se defende con dignidade mentres non precises velocidade de acceso á rede. Case está decidido, o sustituto vai ser un Nokia E71, un teléfono que me está sorprendendo e que, a pesar do seu symbian, é eficaz por riba de todo.

Pero neste tempo de probas, e ao contrario do que puidese parecer, utilizar un Nokia da serie 60 (con Symbian) como modem nun Mac non é tan fácil como debería ser, así que despois de ter que consultar diferentes guías, vou deixar a miña experiencia aquí para consultas futuras.

As probas fíxenas nun Macbook con OS X 10.5.5 Leopard e deberían valer para calquera teléfono da Serie 60 3ª edición; no meu caso as probas foron cos Nokia 6120c, N96 e o E71.

O primeiro paso para que o móvil faga de modem é atopar o script para el. O que eu utilizo atopeino no blog de Matthew Rothenberg, que actualizou un xa existente para dar soporte aos móviles HSDPA de Nokia cun script para Leopard. Unha vez baixado, o seguinte é descomprimir o script é poñelo en /Library/Modem Scripts

O seguinte paso a dar dependerá do método a usar para comunicarse entre o móvil e o mac.

Se se fai a través de USB afórrase batería e obtense unha velocidade un chisco máis rápida (só se tes unha boa conexión 3,5G), pero cun cabo de por medio.

Así, hai que conectalo co cabo USB, seleccionar o modo PC Suite no teléfono, ir a Preferencias do Sistema e atopar o novo interface creado, poñer como número de teléfono o APN (Nome do Punto de Acceso), o nome de usuario e contrasinal fornecidos por cadansúa operadora;

e en opcións Avanzadas elixir como Fabricante, Nokia, e como Modelo, HSDPA, deixar libre o nome do punto de acceso neste apartado e como Identificación de chamadas (CID), seleccionar 1.

Se todo foi ben, ao darlle a conectar xa debería estar utilizando o teléfono coma modem.

A outra opción é ou usalo conectando vía Bluetooth, aforrando en cables, con maior gasto de batería pero coa libertade de poñer o móvil onde queiras, onde fose que teña mellor cobertura 3G.

Se xa o tes vinculado, aprecerá unha conexión bluetooth nas opcións de Rede dentro das Preferencias do Sistema; de non ser así só tes que seguir o asistente do menú bluetooth na barra superior do escritorio.

Logo os pasos a seguir son os mesmos que na opción USB, poñer os datos que facilita a operadora móvil, seleccionar Nokia como Fabricante e HSDPA como Modelo.

Só resta facer clic no icono do modem, seleccionar conectar e agardar uns segundos para ter, operadora mediante, unha IP válida para sair á rede.

p.s. e se o que queres é sincronizar o teu Nokia co teu Mac, non deberías ter problema seguindo os pasos conforme explica na páxina de Nokia cos plugins para iSync,