Category Archives: lideiras

Seis

Hai seis anos a nosa wifi estaba aberta e chamábase Debalde e era a única ao alcance, hoxe a nosa wifi está protexida con WPA2 , cambiou o nome, o router ten tres portos RJ45 ocupados por aparellos que non son PCs e de seguir aparecendo wifis imos ter que tratar na próxima reunión de

De momento, abril

De pleno no Nadal o corpo pídeme falar de cousas tristes pero para iso xa terei tempo, así que si, que ha ser en abril e que, contra todo pronóstico, non se ha chamar Catuxa. E é que a maioría desta casa deixoume só co meu único voto e deron en falar nunha tal Clara.

Alegría

Xa foi hai máis de cinco anos cando comecei a deixar pegadas na rede, a escusa era deixar constancia da experiencia de como era aquilo de agardar por algo que non sabiamos sequera que ía ser opedro. Tanto foi así que, por algunha estraña razón que non sabería explicar, contabamos que o noso cativo ía

Agosto

Hai máis de dous anos escribía no twitter que este blog me servía para saber o que fixera tal día como aquel hai agora xa máis de cinco anos. Desde aquela, a miña vida online pasa pola miña ración cotiá de tweets, cos que, entre outras utilidades, podería saber que é o que fixen tal

No cemiterio

Intenso de máis para esquecelo, este mes e medio no que a miña nai non deu acordado leva o camiño de quedar gravado a ferro na memoria. Ata aquela chamada do meu pai anunciando que mamá non espertaba nunca nos tocara a morte tan cerca e, malia unha mínima esperanza que disque non había que

5 semanas, 5 días …e 5 anos

Mentres opedriño inflaba as fazulas para apagar o lume do número 5 que coroaba a súa tarta e lle cantabamos desexándolle un feliz aniversario, un nó na gorxa apretaba tanto que os sorrisos se confundían coas bágoas e facía difícil seguir a cantar. A emoción tinguía os ollos, era un momento feliz, opedro facía cinco

Un mes de amor e dor

Foi hai un mes, ela estaba noutro hospital e ingresara por mor da extracción dunha pedra do colédoco. O meu pai estaba a amosarme a pedra que lle deran nun bote e ela, que estaba a durmir por mor das dores que tivera logo da ciruxía, acordou, incorporouse un pouco e díxome, E ti que