E en Galiza, cantos bicos?

2 Decembro 2007

Seica nin os mesmos franceses se poñen de acordo cando se trata de saber cantas veces se ha de poñer a fazula para recibir e mais dar un bico, ou dous, ou tres, ou catro bicos.

E así foi como Gilles Debunne creou a páxina Combien de bises? que atopei na dos strange maps para invitar aos seus paisanos franceses a respostaren á pregunta de cal era a norma, no seu departamento, no que respecta ao número de bicos á hora de saudárense.

mapa de bicos en francia

Con case vinte mil aportacións semella que ao falar de bicos, esta é unha Francia dividida.

In Paris and central France, most people give two kisses – one on each cheek. But a swath of northern France, from Normandy to the Belgian border, opted in general for four. And southeastern France, from Marseilles to the Alps, preferred three. Two départements – Finistère in Brittany and DeuxSèvres in the centre – give a meagre one.

Class distinctions also come into play. French upper classes prefer two kisses. Anyone planting three or more smackers on the cheeks of their host at a refined dinner would be committing a faux pas.

Pola miña banda, o conto vai con dous bicos só para a familia e mais para as amigas e, tamén dous e o primeiro á dereita, só para os máis achegados amigos de sexo masculino ou para os que dean o paso. E ti?

Arnaoutchot

24 Agosto 2007

Ao tempo que tento voltar á normalidade dixital, despois desta cura de inforxicación na que o único acceso ao mundo exterior foron as noticias que chegaban de RNE e da Cadena Ser a través da OM e dun par de xornais; á vista de case 6.000 posts que o bloglines me di que teño a espera de lectura, só podo pensar que foi bonito mentres durou.

Dos días que botamos aló, ningunha queixa, nin polo tempo, só un par de detalles, que a conexión a internet, ademáis de ser cara (8€/1h. ou 15€ para dúas horas), a súa cobertura chegaba só uns metros fóra da recepción, así que o portátil só estivo no bungalow reproducindo capítulos de Weeds e a Dumbo… e que para ter sabas de algodón custounos un bo traballiño, xa que cando as fomos reclamar non había ninguén na recepción que entendese o de cotton sheets nin o de Bettlaken aus Baumwolle, nin moito menos, sábanas de algodón, para, ao fin, ter que alugalas, ao prezo de 10€ a semana para durmir sobre algo mellor que unhas sabas de papel para desbotar.

Malia iso, foi que tanto nos prestou, alí, no centro da nada e a uns 12km da civilización máis próxima, que a única visita que tiñamos prevista, ás, disque, dunas máis altas de Europa, as dunas do Pyla, para logo ir tomarlle algo, quedou para outra ocasión.

Deixando o par de detalles comentados, o camping non podemos menos que recomendalo, xa que desde a equipación do bungalow ata a limpeza dos milleiros de metros cadrados que ocupa, pasando pola organización de actividades, só en francés e neerlandés, ou das súas piscinas, parques de xogos, locais de restauración (caros, iso si), supermercado ben fornecido, tranquilidade e mais unha marabillosa praia chea de ondas dun bravo océano e, para quen o precise, sen cobertura de ningún operador móbil…

O que si nos chamou a atención foi a obrigatoriedade do nudismo na piscina e o celo do vixiante no cumprimento do seu traballo for quen for o da toalla á cintura ou a do tanga ridículo, así como a discrecionalidade no resto das instalacións, recepción, restaurantes e supermercado incluidos, lugares nos que noutros campings si que hai que acceder vestidos. Con todo, desde a praia ás piscinas, o ambiente é moi familiar, non sei se será no mesmo sentido que lle dan os de haztelomirar, e estivemos rodeados de parellas co seu bebé e mais a avóa, familias clásicas cunha maior ou menor recua de fillos, grupos de amigos, ou o noso viciño venezolano que todas as noites saía fóra co telemóvel para contarlle a alguén que fora pasar uns días a unha casiña que alugaran uns amigos do seu mozo e que o luns regresaba a París, e mais de xente nova xogando por todas partes, aos que pola tardiña se unía opedro, que xa soubo o que é ter problema de comunicación, malia que ao final os picariños descobren que para andar as carreiras calquera xesto chega.

apanpanado co dumbo

E cando opedro xa andaba co bonjour e co au revoir no bico, mamá xa lera o cargamento de libros que levaba e eu a piques de apuntarme a unha pachanga de rugby praia, foi hora de voltar e, de súpeto, o bloglines xa marcaba 0 posts por ler.

Boa viaxe

10 Agosto 2007

Ou Vuen biage, se se prefere, en castelhano, pois coma se non chegase co milleiro longo de quilómetros que rodei pola ghalleira adiante esta semana, como di o outro, mañá… sete cuncas ata acó.

asfalto.jpg

E malia ir acompañados de sete aparellos co bluetooth, pois nin o roaming de datos, a uns 900€ a baixada de 100MB, nin as prepago francesas, conformándose cuns poucos euros menos, son opcións a valorar, e así que se esvaeza a cobertura de vomistar e dubidando que aló haxa wifi, … voltaremos ao século XX.

E este blo nin queda en automático nin en reposo, nin con entradas programadas… isto é un blo e os blos non descansan, e onde non chega internet, non chega el, nin el, nin el, así que síntanse libres de comentar, insultar, ou spamear aquí, que o amo non está.

Por certo, se andan por na noite do venres para o sábado, denme leria, e agarden por un safe and sound antes de que se acabe o azul do mar, será bo sinal.