Unha das experiencias máis satisfactorias á hora de comprar un libro quizais sexa a de pasear por entre centos de estanterías ateigadas de libros con ese seu arrecendo particular na procura do obxeto do desexo. Pero, de calquera xeito, pode que non teñamos tempo, ou que o libro que buscamos non estea nas librerías máis próximas, ou que prefiramos compralo desde a comodidade do navegador e acudamos a calquera das librerías online.

Nese tránsito entre a experiencia de compra nunha librería real rodeado de libros á compra a través da web vendo apenas listados enormes de títulos de libros cunha pequena imaxe da súa capa pérdense unha chea de sensacións, que son as que se tentan recuperar en Zoomii, unha librería online visual na que, ao xeito de google maps, cunha interfaz de visualización sorprendentemente cómoda, podemos navegar polas súas estanterías facendo zoom e movéndonos por elas coma se dunha librería real se tratase, coa diferencia de que en lugar de ver os lombos dos libros o que vemos é a súa capa, que amosa segundo o seu tamaño real a escala en comparación aos libros do redor, e estamos a un só clic de acceder á súa imaxe a alta resolución así como ao sumario e ás reviews do libro.

captura de Zoomii

Disque se pode navegar por entre 21.000 libros do catálogo de Amazon malia tamén poder facer búsquedas entre 173.000 títulos, pero o máis destacable desta iniciativa, que vén de nacer hai uns días, é que é o traballo dun só home, Chris Thiessen, que se aderiu a Amazon no seu programa de afiliados para vender libros levando unha comisión e, tirando do seu catálogo, botar man dos servizos web da mesma Amazon, o Elastic Compute Cloud (EC2) e o Simple Storage Service (S3) que, por exemplo, tamén utiliza Chuza para aliviar de traballo ao seu servidor. E é que de non ser por estes servizos de Amazon, como el mesmo apunta no blog dos Amazon Web Services, o proxecto sería demasiado caro e desalentador para levalo adiante; así que con esa base e un pouco de Java en servidores Linux e Javascript no navegador, o resultado non podería ser máis espectacular.

In an Absolut World

6 Abril 2008

Non sei se o obxetivo último dunha campaña publicitaria é que falen do producto anunciado, pero abofé que a última campaña publicitaria desenvolvida en México polo vodka Absolut está conseguindo que falen del; sobre todo, ao norte da súa fronteira, nos Estados Unidos de América.

E é que o anuncio amosa un mapa que describe as fronteiras de como sería Norteamérica nun mundo Absolut, onde México recuperaría territorios que unha vez estiveron dentro das súas fronteiras.

in an absolut world

Habendo como haberá moitos entre os chamados a si mesmos americanos que non coñezan nin a historia nin a xeografía do seu continente, a estas alturas xa sabemos que despois de anunciárense boicots a esta marca de vodka, Absolut no seu blog deu explicacións, coas que recolleu máis de 1.300 comentarios dicíndolle que non van consumir o seu vodka, para, na súa última entrada pedir disculpas e confirmar que retiraba a publicidade o pasado catro de abril.

Por algo as fronteiras actuais foron o resultado do que no norte se coñece como Guerra mexico-americana e no sur coñecen como Intevención estadounidense en México, unha diferencia de matices que supuxeron que México perdese un 51% do seu territorio. Mentres discuten polo vodka, vai un tequila?

Battlespace

1 Abril 2008

O noso día no que os burros van onde non deben ir non sería nada se o mundo anglosaxón non lle dese a sona de ser o April’s fools day, día que os americanos aproveitan en facer brincadeiras entre eles e non ao resto do mundo.

Así, non está de máis lembrar que hai uns días foi o quinto aniversario do comezo da invasión de Irak e, malia que lle pese aos inductores, séguense perdendo algo máis que dólares no campo de batalla.

Battlespace é unha exposición online na que, a través das cámaras de vinte fotógrafos, se amosa o único que traen as guerras; morte, destrucción e terror,

a faciana dos perdedores


Nesta, Ghaith Abdul-Ahad amosa a uns deses habitantes dun pobo calquera do Irak ou do Afganistán no que ocorreu despois de que un helicóptero dos Estados Unidos disparase contra civís que estaban a celebrar a queima dun carro do exército americano. Visto na de malos tiempos para la lírica.

Dos moitos xeitos que hai para representar datos, se estes son moitos ou abstractos, hai veces que se precisa máis que un gráfico de barras, e aí é onde unha boa representación gráfica pode axudar a que sexan máis fáciles de ler e comprender. Na rede existen unha chea de técnicas gráficas que nos permiten visualizar os datos de xeitos moi diferentes, tanto utilizando aplicacións de escritorio coma aplicacións web. Moitas delas serán tan habituais coma os gráficos que puxeron nos debates entre o zapatero e mais o rajoy.

dos digglabs

O catálogo de aplicacións é tan amplo que o post da Readwriter Sarah Perez sobre as mellores ferramentas para visualización de datos pode ser considerado como fascinante; ela mesmo xa falara sobre o asunto con anterioridade, como fixera Calidonia apuntando ao catálogo de Visual Complexity.

last.fm sociomap

E se teñen tempo, pérdanse por entre canto link atopen, abran os ollos, e asómbrense.

Souben dos mapas de calor de Skyscanner, unha das miñas marquiñas á hora de procurar por voos de compañías aéreas de baixo custe, en el mundo de los mapas,

Mapa voos baratos desde Lavacolla

onde, neste caso desde Compostela, pódense ver os prezos dos voos aos destinos onde operan estas compañías de baixo custe reflexadas en diferentes cores segundo sexa o seu prezo, do branco (máis barato) a tonalidades máis escuras conforme vai aumentando o prezo do billete.

Así, vese que desde Lavacolla e nas próximas semanas (ou meses), sería máis barato voar a Roma, Frankfurt, Liverpool, Madrid, ou Londres. Tamén se me deu por fedellar os diferentes mapas de calor segundo a orixe dos voos, for desde Peinador, Alvedro, ou o Sá Carneiro, e comparar cos mapas con orixe en Londres, Berlín ou en París.

Paga a pena unha ollada. As conclusións, que as tiren outros.

Pois iso, que moitos pasaxes dese libro teñen sido representados na arte pero nunca deste xeito.

Moises separandos as augas no google earth

A xente de The Glue Society na súa obra God’s Eye View -Á vista dos ollos de Deus- representa catro relatos bíblicos coma se fosen capturados no Google Earth. Arriba, Moisés separando as augas.