Author Archives: opaco

Cartografía histórica do IGN

Din con el hai case un mes polo blog IDEE, un novo servizo do Instituto Geográfico Nacional (IGN) que permite buscar, visualizar e baixar arquivos a unha boa resolución por entre os fondos cartográficos do IGN (Séculos XVI-XIX). Unha chea de mapas de todo tipo, desde xeodéscicos ata de comunicacións e mais de transporte, unha

Pagamento de portagens

Cando implantaron as peaxes nalgunha das autoestradas portuguesas que antes chamaban SCUT houbo moito rebumbio a conto da dificultade para comprar o dispositivo electrónico de pago, ou mesmo facer o pago desde esta beira do Miño. Logo duns meses, o balbordo desapareceu pero o problema seguiu aí á vista do número de veces que me

Sete

Moito leva cambiado o conto e, quizais por iso, decidín que malia que só fose por celebrar os sete anos que leva este blog na rede prestaría recuperar un dos vellos costumes por entre estas letras. Si, destes dous non sabiamos cando empecei a vir por acó, el é un vello coñecido que xa desde

Recreacións históricas de Vigo

Leva un tempo agochado por entre o meu mail agardando por tempo para irlle botar unha ollada, un fio do foro de urbanity.es onde se recolle documentación gráfica dos cambios urbanísticos e arquitectónicos da cidade de Vigo durante a súa historia. Un fio espectacular con fotos e planos do seu pasado, moitas delas, dunha web

Cuestión de palabras

O poster é de Enric Jardí e de Berto Martínez, o ilustrador, e forma parte da nova exposición destes días en Valencia: «Vivan los toros» Utilizando a língua dos cartazes taurinos, describe o que vén a pasar nas prazas de touros, cuestión de palabras. Atopado via o compartidos de Snob en El perro Mistetas

Atrás do telón

Estiven a piques de deixalo morrer pero logo das alegrías que me ten dado foi que me puxen a arranxar a desfeita que aquí había, pois malia que aos ollos de internet este blog seguiu operativo e que aos ollos dos lectores que aínda veñen por aquí puidese parecer que está a monte, levo case

A erosão na costa portuguesa

Unhas imaxes satélite en branco e negro da costa portuguesa de hai uns corenta anos, rañar co rato e, baixo elas, aparecen imaxes actuais da mesma costa logo de todos estes anos de intervención humana. A erosão na costa portuguesa, unha infografía interactiva do Jornal de Noticias, via Visual Loop