Author Archives: opaco

O mapa dos carteiros

Agora que xa van máis de oito anos con este blog por aquí é fácil botar a vista atrás e comentar que hai cinco anos falaba do ZIPScribble Map, un mapa que conectaba con liñas de cores os códigos postais existentes nun determinado territorio seguindo unha orde ascendente. Desta, a novidade é que Robert Kosara,

Se a túa casa se queimase, que salvarías?

The Burning House é un interesante proxecto onde os participantes colaboran enviando unha imaxe das cousas que salvarían do lume en caso de que se lle queimase a casa. Á pregunta de ti que salvarías, unha resposta que abrangue o conflicto entre os obxetos que poden resultar prácticos e os que teñen valor sentimental ou

Metrominuto Pontevedra

Se o ano pasado chegaban a este blog as redes dun metro imaxinario en Pontevedra e mais en Santiago de Compostela, hai cousa dun mes o Concello de Pontevedra, a falta de metro, viña de facer pública unha nova iniciativa dentro do plan municipal de impulso á mobilidade alternativa. Trátase do Metrominuto Pontevedra, un plano

Omnes Viae: Itinerarium Romanum

Non é a primeira vez que a Tabula Peutingeriana sae neste blog; por entón referíame a ela como a Guía Michelin do século IV, xa que viña a ser iso mesmo, unha guía para os viaxeiros da antiga Roma que seguían o cursus publicus. Daquela apuntaba a experimentar sobre o mapa e tentar chegar ata

Cartografía dos Apelidos de Galicia

Co titular de que de continuar a primacía paterna na orde dos apelidos, en só dous séculos a maioría dos galegos pasará a ser Rodríguez, chegábame a noticia, primeiro polo IDEE de que hai unhas semanas fora renovado o sitio da Cartografía dos apelidos de Galicia, unha ferramenta do Instituto da Lingua Galega para podermos

Primeiro ano

E foi que tiña que chegar, doce meses máis tarde aínda nos preguntamos por este ano que parece que se nos escurriu por entre os dedos, un tempo que transcorre só a través dos avances e cambios dun bebé. Hoxe, antes de sairmos de casa, descubrimos á Clara subida e sentada no seu carriño de

Cartografía histórica do IGN

Din con el hai case un mes polo blog IDEE, un novo servizo do Instituto Geográfico Nacional (IGN) que permite buscar, visualizar e baixar arquivos a unha boa resolución por entre os fondos cartográficos do IGN (Séculos XVI-XIX). Unha chea de mapas de todo tipo, desde xeodéscicos ata de comunicacións e mais de transporte, unha