Mapas vellos

Que hai unha chea de mapas online por aí ciscados é ben sabido, tanto coma para saber do traballiño que dá poñerse a buscar por algún.

Old Maps Online é un traballo froito da colaboración entre The Great Britain Historical GIS Project e mais Klokan Technologies, os creadores de MapRank, e vén sendo un buscador de mapas antigos  que tira da API de google maps para xeolocalizalos e datalos así como para facer  procuras e restrinxilas por lugar e datas sobre os mapas de google.

O interesante é que facilita as procuras por entre diversas fontes, entre as que se inclúe a colección dun señor do que xa teño falado por aquí, David Rumsey, que tamén viña usando o mesmo interface de MapRank no seu sitio web, ao que pretende engadir os 27.000 mapas que ten online.

Que vos preste.

No Comments

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *