O día que chegou Street View

Ata o de agora eran poucas as cidades españolas que cubría Google Street View, e da noite para a mañá e sen que houbese anuncio oficial ningún, aí estaba parte da nosa xeografía, aínda falta moita, desde outra perspectiva.
A sorpresa chegou cun tweet da xente de ipoki no que apuntaban A Coruña en Street View, á mañá seguinte a nova espallába polas redes e, logo, polos medios.

Así, se en Google Maps arrastamos o icono de Google Street View, o boneco amarelo, sobre o mapa, descubriremos que gran parte do mapa está coloreado de azul, indicándonos as zonas onde existe o servizo.

gmaps

E por probar como vai outra das opcións habilitadas, a de integrarse na web, vai unha proba co Obradoiro,


Visualizar o mapa ampliado

Xa tardan en aparecer os que se identifiquen no coche, saindo de casa ou mexando na rúa.

4 Comments

  • E en Vigho metéronse por cada corredoira!; quen os levou alí, un programa informático ou unha experta conductora?

  • Conversa con Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro de teatro 2009:

    nosquedaportugal.blogspot.com/2009/11/conversa-con-manuel-lourenzo-1.html

    E venres segunda parte da entrevista. Saúdos.

  • pasar para deixar links que non veñen a conto non é de moi boa educación, sr. caralladas

  • Seino, sr. opaco, non acostumo facelo, máis coido que o artigo o merece e non teño outro xeito de anuncialo. de todos xeitos, navegando por distintos blogs fun dar eiqui i engadín rss, polo que seguro voltarei a miúdo. Saúdos.

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *