Alegría
Xa foi hai máis de cinco anos cando comecei a deixar pegadas na rede, a escusa era deixar constancia da experiencia de como era aquilo de agardar por algo que non sabiamos sequera que ía ser opedro.
Tanto foi así que, por algunha estraña razón que non sabería explicar, contabamos que o noso cativo ía ser unha cativa e o blog naceu co nome de Catuxa, que sería o nome de opedro se non viñese con pirola incorporada. Pero a realidade foi outra e só soubemos que se chamaría como se chama a mesma mañá que saiu do ventre da súa nai.
E agora voltamos a estar nas mesmas, foron días de alegrías contidas pola expectación, alegrías contidas polo que vivimos estes últimos meses, alegrías engalanadas con bágoas ao contarllo ao meu pai e alegrías e risadas ao escoitar as preguntas de opedro a todas as dúbidas que lle xurden,
e como chegou o bebé á barriga de mamá?
E así, respostando preguntas foi como saimos da visita que lle fixemos á xinecóloga logo de escoitar os latexos do corazón dese carrouchiño de 9 cm. que a mamá de opedro leva dentro. Aínda non temos data marcada no calendario pero sabemos que algún día do mes de abril debería ser un día de alegría.

Novembro 5th, 2009 at 10:37 pm
Parabéns.
Novembro 6th, 2009 at 5:40 am
Diooos opaco! Parabéns! :-D
Novembro 6th, 2009 at 8:25 am
Parabéns :)
Novembro 6th, 2009 at 12:52 pm
Parabéns e os meus maiores respetos!!!
Novembro 6th, 2009 at 7:47 pm
Bueno, xa sabe.
Novembro 9th, 2009 at 12:41 pm
parabéms… de novo ;-)
Tocalhe crear outro blog, nom? :-D
Novembro 16th, 2009 at 8:05 pm
Pois reciba a súa familia, vostede incluído, naturalmente, os meus máis sentidos parabéns. ¡Abril logo chega!
Novembro 23rd, 2009 at 10:26 pm
Parabéns e que veña con saúde !.
Novembro 27th, 2009 at 12:39 am
Ainda que xa mandara os meus parabéns non podo resistirme a mandar unha nova aperta chea de ledicia.
Sorte!
Decembro 3rd, 2009 at 12:48 pm
Parabéns con atraso!!!!!!!!!!