Val do Ellas
Entre as novas funcionalidades engadidas ao lector de feeds rss de google, o reader, está a de recomendar novos feeds aos que non esteas suscrito e que, conforme aos teus hábitos de lectura, che poidan interesar. E certo que acertou de pleno, pois me amosaba un apunte en Galicia Confidencial cunha ligazón a youtube cunha conversa dun tema que xa saiu aquí hai tempo, a Fala dos tres lugaris,
un documento sobre a fala dos ‘tres lugaris’ na que se apunta que co cambio de goberno na Xunta as cousas xa non son iguais, nin tampouco as axudas que reciben nestes tres pobos para o fomento desta particular fala da Junta de Extremadura.
Quizais non sexa galego propiamente dito pero sinto esta fala ben próxima, malia vir do norte de Estremadura. Da conversa quedo cun comentario feito desde a experiencia,
Fai uns anos atrás o problema que houbo foi que moitos pais querían falar desde casa o castellano aos críos, pero ao chegar á calle falaban lagarteiro, valverdeiro, ou mañego …porque tiñan a crencia de que ao ir estudiar fóra ían meter a pata máis, a errar …logo resulta que á hora de falar castellano falamos máis fino, …e mellor a pronunciación das palabras
Eles tamén son realmente bilingües.