Hai uns días o Web Ecology Project publicaba na rede os resultados da pesquisa que fixeran para saber cales son as línguas máis faladas no twitter.
Logo de analisar un millón de tweets usando o sistema de detección de idiomas do Google a través dun módulo python, resultou que a língua máis utilizada é o inglés, que chega case ao 63%, seguida do portugués, cun 9,5% dos tweets.
De entre o resto de resultados o relevante para nós vén ao chegar ao final da gráfica, na que aparece a nosa língua, Galician, no posto 22 de entre as máis utilizadas en twitter e a única das que aparece que non é lingua oficial de estado ningún.

Non está nada mal para unha língua que, segundo se publica na wikipedia, estaría no posto 138 de entre as línguas segundo o número de falantes nativos.
Segundo o google, ou o wordpress non sei moi ben, o meu blog está escrito en portugués. Quiere traducirlo?
Hai, efectivamente, dous «factores de corrección» que aplicarlle a esa estadística:
1º Que, como efectivamente indica cossimo, hai moitos usuarios galegofalantes da rede que recurren ó portugés nos seus soportes. Debo admitir que ignoro se en twitter acontece o mesmo.
2º Sospeito que a maioría dos países cuia língua aparece por enriba da nosa teñen unha fenda dixital ben máis estreita que a galega.
Efectivamente, son dúas observacións que relativizan o resultado… ¡para mellor! Procuremos que non se enteren os que todos sabemos, non vaia ser que collan novos argumentos.
faime raro que non apareza o catalonian. Tan lerchos somos que andamos todo o día no twitter para sair mais ca eles? :D