5 semanas, 5 días …e 5 anos

Mentres opedriño inflaba as fazulas para apagar o lume do número 5 que coroaba a súa tarta e lle cantabamos desexándolle un feliz aniversario, un nó na gorxa apretaba tanto que os sorrisos se confundían coas bágoas e facía difícil seguir a cantar.

cumple_pedro

A emoción tinguía os ollos, era un momento feliz, opedro facía cinco anos canda nós pero a súa avoa tamén se aboaba ao cinco, eran 5 semanas e 5 días os que levaba no hospital, onde segue atada ao seu fio de vida, aínda en coma.

Parece increible o que nos cambia a vida; non hai tanto que a miña nai lle preguntaba a opedro cando ía ser o seu aniversario e se a ía convidar á festa e agora é el o que pregunta cando vai ir ao parque coa avoa. Todos sabemos que para iso faría falta unha miragre.

Desde aquí, no hospital, onde está máis demostrado ca en ningures o fráxil que é a vida, só desexo que podamos seguir xuntándonos para seguir contando aniversarios ao redor do máis grande que pasou nas nosas vidas, porque pase o que pase, a avoa seguirá con nós mentres teñamos vida.

4 Comments

  • Un bico moi forte para Opedro cheo de parabéns e unha aperta para todos vós.

  • Se cadra esta semana temos coincidido no ascensor do Xeral.
    En fin, non sei, se cadra isto é outra das miñas hipérboles pero aí vai. Aínda que non o coñezo de nada, quéroo. Así que saúde!

  • …grazas

    de coincidir, coincidiriamos nas escaleiras ou na entrada, que son dos que me dá apuro coller o ascensor para subir ás prantas baixas. Eu tamén vos quero :)

  • Parabéns para o Pedriño e a desfrutar da vida que, xa miras, é tan voluble.

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *