A compañeira de toda unha vida

Hoxe, co seu permiso, e o meu mal galego, vou ocupalo seu posto…A 27 kms alguén seica tirou a toalla, e xa non quer respirar máis…ÉL está o seu carón, os cinco o están…ó maior vaiselle a compañeira de toda unha vida, a quen, despois de tantos anos xuntos, sempre lle daba un bico ó sair e ó chegar a casa…os outros están a piques de perder á persoa que os levou da man tantos anos….E todos choran, e as as súas bágoas son as miñas, e o seu dolor e o meu, e en especial sinto o seu dor, o de ÉL, porque a nosa comunicación é tal que somentes con mirarnos ós ollos sempre sabemos o un do outro…e ÉL ten tanto dor e é tan profundo que as súas bágoas, que son as miñas, apenas me deixan mira-las teclas do seu Mac…xa fai máis de dezasete anos que nos miramos ós ollos, e só pensar que algún día tamén nos perderemos o un o outro…

…..só queda agardar…..

tqt

P.S. editado por min (opaco) para poñer un título ao que escribiu a nai de opedro sen o meu permiso, que nin falta que facía.

6 thoughts on “A compañeira de toda unha vida

  1. É triste atopar beleza na dor, síntome culpable de ler isto e saber que é fermoso.
    Entón decátome do amor que hai detras do que estou a ler e todo encaixa.

    Sinto inmenso toda a dor que estades a sufrir na familia e ogallá puidera facer algo para axudarvos. O único que queda é mandar unha nova aperta e agardar sentado deste lado da rede por unhas novas que desexo que non cheguen.

  2. Creo que non hai nada máis que dicir despois de ler este post tan grande como un mundo. Busco e rebusco algunha palabra balsámica, pero non atopo nada máis que un abrazo sincero, cheo de forza. E un bico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *